Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente PES 2/1999).

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 14 de febreiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente o Plan especial de selado, peche e rexeneración do actual vertedoiro de

Bens e mellora do medio rural no Monte das Pallas, redactado de oficio polos técnicos municipais».

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 17 de febreiro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo