Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente PES 1/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 3 de marzo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o Plan especial no ámbito do POL-F12.02 lugar Someso II, presentado por Loufre Inversiones, S.L., debendo establecer de forma precisa o aproveitamento definitivo correspondente a cada unha das parcelas establecendo un parámetro de edificabilidade sobre parcela neta, que no caso das parcelas privadas será de 1,7176 m/m.

2. Aprobar inicialmente a modificación da delimitación do POL-F12.02, no seu límite de contacto co POL-F12.01 e o viario do lugar de Cabana, que supón o Plan especial, debendo notifica-la devandita modificación a tódolos propietarios afectados.

3. Publicar este acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse en horario de 12 a 14 horas, de luns a venres, na oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, sito na avenida da Mariña, 28.

Os gastos de publicación serán aboados por Loufre Inversiones, S.L.

A Coruña, 13 de marzo de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo