Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de xaneiro de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación 16-1 das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, promovido de oficio e redactado polos servicios técnicos municipais, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido presentándose nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expedientes 35/1999.PED).

Arteixo, 29 de febreiro de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde