Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público, para a contratación do expediente 4/2000 e tres máis.

A dirección xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca os seguintes concursos públicos:

-Expediente número: 4/2000.

Obxecto: material de esterilización.

División en lotes, importe lote e garantía provisional:

LoteDenominación lote Importe lote Fianza

provisional

1Controis biolóxicos esterilización484.8009.696

2Rolo control vapor esterilización124.0322.481

3Papel esterilizar170.9003.418

4Bolsa esterilizar2.853.35057.067

5Control Bowie-Dick automático1.054.00021.080

6Control integrador vapor O.E.840.00016.800

Totais5.527.082110.542

Importe de licitación: 5.527.082 pesetas (33.218,43 euros) (IVE incluído).

-Expediente número: 11/2000.

Obxecto: arrendamento de equipos informáticos con destino ó Servicio de Informática.

División en lotes: un único lote, composto por 28 ordenadores, 14 impresoras láser e 2 impresoras láser.

Importe de licitación: 7.590.000 pesetas (45.616,82 euros) (IVE incluído).

Garantía provisional: 151.800 pesetas.

-Expediente número: 13/2000.

Obxecto: filtros de transfusión sanguínea.

División en lotes: un único lote, composto por filtro leucocitos dobre, filtro leucocitos simple con equipo, filtro plaquetas e filtro transfusión sangue.

Importe de licitación: 3.592.020 pesetas (21.588,47 euros) (IVE incluído).

Garantía provisional: 71.840 pesetas.

-Expediente número: 17/2000.

Obxecto: lencería e vestiario.

División en lotes, importe lote e garantía provisional:

LoteDenominación lote Importe lote Fianza

provisional

1Batas cirúrxicas189.6003.792

2Camiseta neno T-4163.2003.264

3Camisón señora589.86011.797

4Camisón señora fitas411.8408.237

5Colcha cama227.7004.554

6Funda almofada171.1803.424

7Fundas colchón247.0504.941

8Mantas145.5002.910

9Pano cirúrxico725.40014.508

10Pixamas doente821.34016.427

11Pixamas cirúrxicos268.4165.368

12Saba padiola Urxencias326.2506.525

13Saba entremetida347.2206.944

14Saba cirúrxica sen fiestra524.40010.488

15Saba cirúrxica con fiestra133.3502.667

16Saba universal1.587.60031.752

17Toallas1.011.30020.226

18Bata branca unisex409.6008.192

LoteDenominación lote Importe lote Fianza

provisional

19Pixama branco unisex782.55015.651

20Zapatos brancos977.55019.551

21Chancas goma173.8353.477

Totais10.234.741204.695

Importe de licitación: 10.234.741 pesetas (61.512,03 euros) (IVE incluído).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n, en Ferrol.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións. Unidade de Contratación.

b) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: a arriba indicada.

b) División en lotes.

Expedientes 4 e 17/2000: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

Expedientes 11 e 13/2000: un único lote.

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, Servicio de Subministracións. Servicio de Informática.

d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importes totais: os arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorra.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, no Servicio de Subministracións do complexo hospitalario. Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes:

CP 11/2000: admítese a presentación de variantes (punto 3.5 da folla de especificacións do prego-tipo).

Expedientes 4, 13 e 17/2000: non se admite a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, os dez días naturais seguintes á indicada data sen que se recibise a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación dos contratos son os que se establecen na folla de especificacións dos pregos.

Prazo de execución do contrato:

CP 4/2000: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

CP 11/2000: trinta meses desde a entrega dos equipos.

Expedientes 13 e 17/2000: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta dos adxudicatarios.

Ferrol, 21 de febreiro de 2000.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol