Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE PADRÓN

EDICTO (135/1991).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Padrón (A Coruña), fago saber que nesta secretaría do meu cargo e co número 135/1991, se tramita procedemento de xuízo de cognición, por instancia de Carmen, Antonio, Federico, Manuel e María Cajaraville Balado, contra José Cajaraville Piñeiro, no que se dictou resolución do día da data, da que se transcribe literalmente a parte dispositiva:

«Que procede reitera-la aprobación do remate da poxa practicada con data do dezasete de decembro de mil novecentos noventa e nove, realizada nos autos do que dimana esta resolución pola cantidade dun millón oitocentas oitenta e sete mil trescentas trinta e catro pesetas, e declara-la adxudicación do ben ó que se fai referencia no feito primeiro deste proveído. (Rústico, número 149 do Plan xeral de concentración parcelaria da parroquia de Carcacía, Rumille, concello de Padrón. Terreo dedicado a prado, labradío e monte no sitio de Cacheiro, de corenta e sete áreas, dezanove centiáreas, que linda: norte, con José Cajaraville Ares (148); sur, con Elvira Iglesias Buela (150), Rosa Iglesias Buela (151), Ramón Iglesias Buela (152), Peregrina Iglesias Buela (153), Flora Buján Piñeiro (154), María Rodríguez Casal (155) e Manuel Pereira Espiñeira (156); leste, camiño, canle de auga no medio e, oeste, zona excluída. Neste predio penetra unha canle de auga. Inscrito no Rexistro da Propiedade de

Padrón, no tomo 497 do arquivo, libro 113 de Padrón, folio 135, predio 10.350) a prol de Carmen Cajaraville Balado, con DNI 33.038.451, e con domicilio na rúa Rosalía de Castro, número 16 de Padrón (A Coruña).

No momento en que sexa firme esta providencia, expídaselle ó adxudicatario testemuño deste, co visto e prace do xuíz, que servirá de título bastante para a inscrición do predio ó seu favor no Rexistro da Propiedade, entendéndose, conforme establece o artigo 1512, subsistentes as cargas e gravames e que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade.

Por estar en ignorado paradoiro o demandado José Cajaraville Piñeiro, notifíqueselle esta resolución mediante a publicación de edicto no Diario Oficial de Galicia, facéndoselle saber que está á sua disposición na conta de consignacións deste xulgado a cantidade de seiscentas vintenove mil cento once pesetas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes. Fágase saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días perante este xulgado.»

E para que lle sirva de notificación ó referido demandado en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Padrón o dezanove de febreiro de dous mil.

O secretario

Rubricado