Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (41/2000).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución.

Fago saber que neste xulgado se segue expediente de dominio para a inmatriculación de inmoble nº 41/2000, por instancia de Gumersindo Ferro Piñeiro, que ten a referencia seguinte:

Urbano.-Parcela de terreo a soar, con fronte á avenida de Lugo, de Santiago de Compostela, ó que lle correspondeu o número corenta da dita avenida e, hoxe, casa sinalada co número trinta e catro, de setenta e sete metros cadrados e corenta decímetros cadrados de superficie, que linda: ó norte, con casa nº 36 da mesma rúa, de Manuel Ginarte Cabada; sur, casa nº 32, tamén de Manuel Ginarte Cabada; leste, rúa particular que a separa doutra de Manuel Ginarte Cabada; e oeste, á fronte, a avenida de Lugo. A referencia catastral deste predio é a seguinte: 8279703 NH34876 0001/BZ.

Por proposta de providencia con data do 18-2-2000, admítese a trámite o expediente, ó se teren cumprido os requisitos legais, téndose acordado citar por medio de edictos a tódalas persoas ás que poida prexudica-la dita inscrición. Cítense, pois, as persoas en paradoiro descoñecido, co obxecto de que, dentro dos dez días seguintes á citación ou publicación mencionada, poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que no seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Expídese este edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de febreiro de dous mil.

O/A secretario/a

Rubricado