Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.939

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (950/1999).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos da cidade de Vigo e o seu partido xudicial, fago saber que ante este xulgado se seguen autos de quebra voluntaria, rexistrados co número 950/1999 e seguidos por instancia da entidade Intercao, S.L., representada pola procuradora María Auxiliadora Ruiz Sánchez, nos cales autos e no día da data, foi dictada tamén resolución que é do teor literal seguinte:

«Proposta de providencia. Secretario xudicial José Luis Gutiérrez Martín. En Vigo o catorce de febreiro de dous mil.

Presentado o anterior escrito e estado xeral de acredores polo comisario desta quebra voluntaria, únanse ós autos da súa razón.

De conformidade co establecido no artigo 1342 da Lei de axuizamento civil, en relación co artigo 1062 do Código de Comercio, convóquese por parte do comisario desta quebra a Xunta Xeral dos Acredores na forma establecida pola lei (artigo 1063 do Código de Comercio), para os efectos de nomeamento de síndicos (artigo 1069 do citado texto) e de dar coñecemento, ós acredores que concorran, do balance e memoria presentados pola quebrada, así como a presentación, polo depositario, dun informe circunstanciado sobre o estado das dependencias da quebra e o xuízo que se poida formar sobre os seus resultados, achegando, no mesmo acto, unha nota das recadacións e gastos feitos ata aquel día (artigo 1067 do mesmo texto legal).

De acordo co establecido no artigo 1062 do mencionado código, acórdase sinalar para que teña lugar a realización da indicada xunta o vindeiro día catorce de abril de dous mil, ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado, significándolles ós acredores que deberán concorrer acreditando a súa personalidade mediante exhibición do DNI, se se trata do propio acredor interesado ou, se é o caso, provisto de poder notarial suficiente, cunha copia para que se una a estes autos, cando actúe en representación.

Para a citación dos acredores en paradoiro descoñecido publíquense edictos que se fixarán no taboleiro de anuncios deste xulgado, diario oficial desta Comunidade Autónoma e Boletín Oficial del Estado, despachos que se entregarán ó procurador da quebrada para que coide da súa xestación e cumprimento.

Cítese a entidade quebrada para a concorrencia á xunta xeral, por medio do seu procurador ó notificarlle-la presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de tres días que se interporá por escrito perante este xulgado.

O que así se propón e asina, dou fe.

Conforme, a maxistrada-xuíza. O secretario».

E, para que sirva para o seu coñecemento xeral e para a súa citación ós acredores en paradoiro descoñecido, para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado, diario oficial desta Comunidade Autónoma e Boletín Oficial del Estado, expido e asino este edicto en Vigo, catorce de febreiro de dous mil.

O secretario

Rubricado