Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.859

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de telefonistas vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Aprobada por Resolución do 10 de agosto de 1995 a oferta de emprego público para 1995 de persoal de administración e servicios da Universidade da Coruña,

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), modificado polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), e co obxecto de atende-las necesidades de telefonistas, resolve,

Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir cinco prazas de telefonistas (grupo V) da Universidade da Coruña (tres na Coruña e dúas en Ferrol), destinados a realizar tarefas propias de atención dos servicios de telefonía desta universidade.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria.

1. Solicitudes.

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicita-lo na instancia segundo modelo que figura como anexo IV. Á instancia xuntarase focotopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade na Coruña (edificio do rectorado, rúa da Maestranza, s/n, C.P 15001) e Ferrol (Vicerrectorado do Campus, Doutor Vázquez Cabrera, s/n CP 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27

de novembro), modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

1.2. Os dereitos de exame serán de 3.765 pesetas, que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas da Caixa Postal, na conta corrente número 1302-1700-42-0017957982, Probas selectivas para telefonistas, a nome da Universidade da Coruña. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso, a falta do cal determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude perante o órgano expresado no punto 1.1.

1.3. Os méritos da fase de concurso correspondentes á antigüidade e ós servicios prestados polos aspirantes á Universidade da Coruña deberán acreditarse mediante certificación expedida pola xerencia, referida á data de publicación no DOG desta convocatoria, que será incorporada á solicitude.

1.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, o aspirante deberá reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais subscritos pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

c) Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou equivalente, ou estar en condicións de obte-lo na data na que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de finaliza-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas, o tribunal cualificador establecerá, para as persoas con minusvalidez que o tivesen demandado na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

4. Listas de admitidos e excluídos.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, que declarará aprobadas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, que se farán públicas no taboleiro de anuncios do Rectorado da Universidade e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o devandito prazo, o rector dictará resolución na que declarará aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, contra a que os interesados poderán interpor potestativamente recurso de reposición ante o rector, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 10.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador.

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III desta convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no artigo 13 do R.D. 364/1995 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).

6.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que considere necesario.

6.4. O tribunal terá a categoría quinta das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e data de comenzo dos exercicios será feito público na resolución que aprobe as listas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será de seis meses desde a data de publicación desta convocatoria.

7.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

8. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29), polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de apto ou non apto, sendo necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estar en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido

polas escolas oficiais de idiomas. De non achegar esta documentación non poderán ser declarados exentos, debendo, en consecuencia, realiza-la proba descrita no parágrafo anterior.

9. Lista de aprobados.

9.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, e no lugar ou lugares de realización do exercicio, así como naqueles outros que considere oportuno, a puntuación obtida polos aspirantes.

9.2. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

9.3. O tribunal publicará a relación dos aspirantes que superaron as probas selectivas, constituída por aqueles opositores que, en número non superior ó das prazas convocadas e tendo acadado a puntuación mínima esixida para supera-lo primeiro exercicio da fase de oposición, obtiveran a maior puntuación total, sumadas as puntuacións dos exercicios da fase de oposición e a puntuación da fase de méritos, con indicación da puntuación final obtida por cada un deles. Os opositores que non se encontren incluídos nesta relación terán a consideración de non ter aprobado as probas selectivas.

10. Presentación de documentos.

10.1 No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal da Universidade da Coruña (rúa da Maestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI ou documento acreditativo equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.

e) Certificado dos órganos competentes da Comunidade Autónoma que acredite a condición legal de minusvalidez, se é o caso.

11. Contratación e incorporación ó posto de traballo.

11.1. O tribunal das probas selectivas elevará ó rector a relación definitiva dos aspirantes aprobados pola orde de puntuación final, con proposta de que

se formalicen con eles os correspondentes contratos de traballo.

11.2. Os aspirantes que superaron as probas selectivas, unha vez realizados os trámites de presentación de documentos, serán contratados como telefonistas da Universidade da Coruña.

11.2. A adxudicación de postos de traballo efectuarase de acordo coas peticións dos interesados entre os postos ofertados, segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo.

11.3. O período de proba será de dous meses, durante o que o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó posto de traballo que desempeñe, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ós aspirantes que con anterioridade teñan desempeñado funcións na categoría profesional de telefonista da Universidade da Coruña.

Segundo.-Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e os estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), o convenio colectivo aplicable ó persoal laboral da Universidade da Coruña, a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, e as bases desta convocatoria.

Terceiro.-Esta convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción contencioso-administrativa nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27), modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).

Así mesmo, os interesados poderán interpor potestativamente recurso de reposición ante o rector, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de febreiro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Procedemento de selección

O procedemento de selección constará de dúas partes: fase de oposición e fase de concurso, cos

exercicios e valoración de méritos que para cada unha se indican:

Fase de oposición.

A) Exercicios.

A fase de oposición consistirá na realización dos seguintes exercicios, dos que só o primeiro deles será eliminatorio:

1º exercicio: consistirá na contestación a un cuestionario de preguntas tipo test sobre o contido do programa que se especifica no anexo II.

2º exercicio: consistirá na traducción de dous textos, de castelán para galego e de galego para castelán.

B) Valoración e tempo de realización dos exercicios.

O primeiro exercicio valorarase de 0 a 20 puntos. Para supera-lo exercicio precisarase obter un mínimo de 8 puntos.

O segundo exercicio valorarase de 0 a 5 puntos.

O tempo de realización dos exercicios será establecido polo tribunal cualificador discrecionalmente.

Fase de concurso.

Valoraranse os servicios prestados como contratado laboral non permanente na categoría de telefonista pola Universidade da Coruña, a razón de 0,15 puntos por cada mes completo ou fracción, ata un máximo de 10 puntos.

Sistema de puntuación.

A puntuación final de cada aspirante virá determinada pola suma total de tódalas puntuacións acadadas na fase de concurso e nos exercicios da fase de oposición.

No caso de empate na puntuación final entre dous aspirantes, o tribunal decidirá despois dunha entrevista que versará sobre as funcións propias da praza.

ANEXO II

Programa das probas

Tema 1. A Constitución española: dereitos e deberes fundamentais.

Tema 2. Creación, réxime xurídico e estructura das universidades. Natureza e fins da Universidade da Coruña.

Tema 3. Estructura e organización da Universidade da Coruña: departamentos, escolas, centros, institutos universitarios e centros adscritos.

Tema 4. O goberno da Universidade da Coruña: órganos colexiados e órganos unipersoais.

Tema 5. O persoal da universidade: o persoal laboral.

Tema 6. Redes de telecomunicación. Tipos de liñas e servicios de telecomuniación: tipos de servicio e clasificación das redes de telecomunicación. Rede telefónica convencional e RDSI. Redes telefónicas: conceptos de conmutación, transmisión e sinalización. Novos operadores nacionais: plans de numeración e encamiñamento.

Tema 7. Servicios e prestacións dunha central de telefonía privada. Tipos de centrais analóxicas e dixitais. Servicios de valor engadido para os usuarios: tipos de extensións e servicios posibles para o usuario dunha extensión. Permisos de tráfico dunha extensión. Rede telefónica corporativa. Servicio Centrex dos operadores de telefonía. Concepto e necesidade de tarificación.

Tema 8. Servicio de operador de telefonía. Manipulación de chamadas. Funcións da operadora de telefonía. Fontes de información relevante. Terminais de operadora telefónica: tipos e funcións. Urxencias, servicios de urxencia e procedementos.

Tema 9. Atención ó público na comunicación telefónica.

ANEXO III

Tribunal cualificador

Titulares.

Presidente: José Ramón Soraluce Blond. Vicerrector de Infraestructuras e Servicios.

Vocais: Víctor M. Cabrera Sánchez. Xerente da universidade.

José Luis Mínguez-Goyanes de la Rica. Vicesecretario xeral da universidade.

Mª José Grueiro Maroño. Representante do comité de empresa.

Rogelio Lage Vázquez. Representante do comité de empresa.

Secretario: Justiniano Rodríguez Soto. Xefe do Servicio de Persoal.

Suplentes.

Presidente: Alfonso Barca Lozano. Secretario xeral da universidade.

Vocais: Juan Ramón Rego Álvarez de Mon. Vicexerente.

Alfonso Vidal Carnota. Xefe da Sección de Estudiantes.

Salvador Peña Díaz. Representante do comité de empresa.

Manuel Romero Beade. Representante do comité de empresa.

Secretario: Luis Vázquez López. Xefe da Sección de Xestión de Persoal.