Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7008; XG-382, A Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos por substitución da concesión V-7008; XG-382, de igual denominación.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 187, do 27 de setembro de 1999, é necesario efectua-las correccións oportunas.

Na páxina 11.679, na columna da esquerda, nas liñas 20 e 21, onde di:

«San Cibrán-Sabarís (9,6 Km).

* Unha expedición de ida e volta os luns».

debe dicir:

«San Cibrán-Sabarís (9,6 Km).

* Unha expedición de ida e volta os luns laborables».

Na mesma páxina, na columna da dereita, no punto «IV Tarifas»,

Onde di: «Tarifa partícipe por viaxeiro/Km: 10,0442 pesetas», debe dicir: «Tarifa partícipe por viaxeiro/Km: 10,1446 pesetas».

Onde di: «Tarifa usuario: 10,7473 pesetas», debe dicir: «Tarifa usuario: 10,8547 pesetas».

Onde di: «Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,5066 pesetas», debe dicir: «Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,5217 pesetas».