Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato administrativo que se cita.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Viven

da, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, con data do 22-2-2000, resolveu declarar deserto o concurso de concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Ribadavia (Ourense) por falta de licitadores.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 25-10-1983)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes