Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.858

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 11 do grupo II (fisioterapeuta) (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 3 de febreiro de 2000 (DOG nº 29, do 11 de febreiro)

polo que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 11 do grupo II (fisioterapeuta) (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 13 de marzo de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución con relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo II categoría 11 (fisioterapeuta) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro) contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

-Grupo II: 6.580 ptas.

Os que así non o fixeran no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros, do 13 de outubro de 1999.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50, Lei 30/1992 do 26 de novembro) contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG para a emenda de erros que puidesen exitir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

33295530Bóveda LópezPilar Modesta000000000

44445428Fernández DuránCristina0000000,7500,75

36092160Orge FernándezMarina00000,2000,7500,95

35308027Salgueiro VarelaAraceli0000000,7500,75