Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de xaneiro de 2000 pola que se lle outorga a Solomar, S.L. permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento e explotación dun criadoiro de moluscos bivalvos no lugar de Campo das Cuciñas-Cabo Noalla, Sanxenxo (Pontevedra).

Antecedentes:

José Manuel Soutullo Vázquez, en representación de Solomar, S.L., con domicilio social na rúa Infantas nº 1, Cambados (Pontevedra), presentou solicitude e documentación para a explotación dun criadoiro para producción de semente de moluscos bivalvos en Noalla, Sanxenxo.

Procedeuse á tramitación do expediente de acordo coas seguintes consideracións legais e técnicas:

-Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

-Lei 22/1998, do 28 de xullo, de costas.

-Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

-Orde do 2-3-1999, Ministerio de Medio Ambiente, pola que se lle outorga a Solomar, S.L. a concesión para a ocupación de 550,60 m de dominio público marítimo-terrestre, con destino á instalación dos encanamentos de toma de auga de mar e desaugadoiros contidos no proxecto básico de construcción dunha planta de producción de semente de moluscos bivalvos-Hatchery no lugar de Campo das Cuciñas-Cabo Noalla, no termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial de Pontevedra, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería, en virtude das atribucións que ten conferidas

RESOLVE:

Outorgar a Solomar, S.L. con CIF B-36.130.003, permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

Tipo: criadoiro.

Situación: Campo das Cuciñas-Cabo Noalla, termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Especies: moluscos bivalvos.

Capacidade de producción:-15 millóns unidades/ano de semente de ostra plana.-100 millóns de unidades/ano de semente de ameixas.

Características das instalacións:

Superficie ocupada polo establecemento:

4 piscinas exteriores fitoplancton: 34 m.

1 piscina exterior semente: 16 m.

Nave: 254,64 m.-Sala de nais: 6 m.-Sala de larvas: 60 m.-Sala postlarvas: 13,9 m.-Sala de fitoplancton: 107,9 m.-Laboratorio: 9 m.-Cámara: 6 m.-Oficina: 25 m.

Baixo ás seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade e concesión outórgase por un prazo que finaliza o 11-4-2009; poderá ser prorrogado discrecionalmente por petición do interesado dentro dos 60 días anteriores ó do seu vencemento, por períodos de 10 anos, ata un total de vinte (20) anos.

Segunda.-A localización e mailas obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxecto presentados (plano anexo). O titular deberá dar comezo ás obras no prazo de seis (6) meses,

que se contarán desde o día seguinte ó da publicación no DOG da presente orde. Desenvolveranse de acordo co sinalado nesta orde e nas condicións xerais da orde ministerial de outorgamento de ocupación do dominio público marítimo-terrestre e quedarán totalmente rematadas no prazo dun (1) ano.

Concluídas as obras, o titular comunicaralle tal feito á Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo), para os efectos de practica-la inspección delas, da que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado o dominio público, obras e instalacións. Non poderán alugarse nin seren destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Cuarta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión, ó abeiro do disposto na citada Orde ministerial do 2-3-1999, que será vinculante para esta consellería, o permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993 e no artigo 6 do Decreto 193/1997 xa citados.

Quinta.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, así como no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura e demais concordantes que lle sexan de aplicación.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade e concesión non exime o seu titular da obtención doutras licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles en función das características do establecemento.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto ó dito imposto, feita pola delegación de facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous (2) meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ambos prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei de procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997,

DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura