Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da consultoría e asistencia técnica consistente na enquisa de efectivos de gando porcino en agosto e decembro de 2000 e á actualización do directorio das explotacións industriais na provincia de Pontevedra na enquisa de agosto, enquisa de prezos agrarios mensuais das provincias de Lugo e Ourense do ano 2000, enquisa de prezos agrarios mensuais das provincias da Coruña e Pontevedra no ano 2000, enquisas mensuais (ano 2000) e anual complementaria do ano 1999 de sacrificio de gando en matadoiros, edición en papel das macromagnitudes agrarias/1998.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: enquisa de efectivos de gando porcino en agosto e decembro de 2000 e actua

lización do directorio das explotacións industriais na provincia de Pontevedra na enquisa de agosto, enquisa de prezos agrarios mensuais das provincias de Lugo e Ourense do ano 2000, enquisa de prezos agrarios mensuais das provincias da Coruña e Pontevedra no ano 2000, enquisas mensuais (ano 2000) e anual complementaria do ano 1999 de sacrificio de gando en matadoiros, edición en papel das macromagnitudes agrarias/1998, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: cinco lotes.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: os sinalados no punto cinco das prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total:

Lote 1: 3.697.200 ptas. (22.220,62 euros).

Lote 2: 2.500.000 ptas. (15.025,30 euros).

Lote 3: 2.500.000 ptas. (15.025,30 euros).

Lote 4: 1.600.000 ptas. (9.616,19 euros).

Lote 5: 1.600.000 ptas. (9.616,19 euros).

5. Garantías.

Provisional: exenta.

Definitiva:

Lote 1: 147.888 ptas. (888,82 euros).

Lote 2: 100.000 ptas. (601,01 euros).

Lote 3: 100.000 ptas. (601,01 euros).

Lote 4: 64.000 ptas. (384,65 euros).

Lote 5: 64.000 ptas. (384,65 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Estudios e Publicacións. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: Fonte dos Concheiros, nº 13 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 66 90.

e) Telefax: 981 54 66 99.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: exenta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 17 de abril de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 27 de abril de 2000.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria