Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 17-1-2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación A Costa, 2618.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de

avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante esta publicación, ó Acordo do 17-1-2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigaicón denominada A Costa nº 2618, sita en terrenos do termo municipal de Tui, provincia de Pontevedra, promovido por Compañía Ibérica de Granitos, S.A. (Coigrasa).

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 4.237 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 5 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 05' 00'', 42º 06' 00'' norte, e polos meridianos 8º 40' 00'', 8º 39' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión A Costa nº 2618, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra