Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de febreiro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa de dúas bateas de cultivo de mexillón denominadas Viturro 2 e L.V.V., a favor de Dolores Ordóñez Comojo, Manuel, Mª Dolores, Óscar José e Juan Mosquera Ordóñez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993) e 10.1º do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e dos establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Viturro nº 2.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 175.

Data da concesión: 25-6-1957.

Data do remate da última prórroga: 2-8-2002.

Denominación da batea: L.V.V.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 127.

Data da concesión: 29-2-1964.

Data do remate da última prórroga: 30-3-2004.

Anterior concesionario: Manuel Mosquera Martínez (33.075.955) e Mª Dolores Ordóñez Comojo (33.075.382).

Novos titulares das concesións e bateas: Mª Dolores Ordóñez Comojo (33.075.382), 4/8 indivisos; Manuel Mosquera Ordóñez (33.209.862), 1/8 indiviso; Mª Dolores Mosquera Ordóñez (76.509.610), 1/8 indiviso; Óscar José Mosquera Ordóñez (33.239.055), 1/8 indiviso; e Juan Mosquera Ordóñez (33.279.279), 1/8 indiviso.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, del 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º

da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 7 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999,DOG nº 120, do 24)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña