Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000 pola que se aproba a convocatoria das prazas contidas na oferta de emprego público 1999 da Deputación Provincial da Coruña.

Aproba-la convocatoria das prazas contidas na oferta de emprego público do ano 1999, desta deputación provincial, de conformidade coas seguintes bases xerais e específicas:

Bases xerais da convocatoria das prazas contidas na oferta de emprego público 1999.

1. Normas xerais.

1.1. O obxecto da convocatoria é a provisión en propiedade das prazas de funcionarios que se relacionan na oferta de emprego público desta deputación provincial para o exercicio de 1999, a través dos procedementos de selección que para cada unha delas se especifican, conforme o preceptuado na Lei 30/1984, do 2 de agosto, a Lei 7/1985, do 2 de abril, o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e demais lexislación concordante e de aplicación.

1.2. O número de prazas que se van prover corresponde ó sinalado na citada oferta de emprego,declarando expresamente que os tribunais encargados

da selección non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas.

1.3. Reservarase para promoción interna o número de prazas que, de conformidade coa normativa vixente, se fixe nas bases específicas da convocatoria, para funcionarios da corporación en servicio activo que reúnan as condicións de titulación, antigüidade como funcionario de carreira ó servicio da corporación e demais requisitos esixidos nas ditas bases específicas.

O tribunal poderá acorda-la celebración conxunta ou separada da fase de oposición, para os aspirantes da quenda libre ou de promoción interna.

A promoción interna dos funcionarios de Administración xeral axustarase ás regras contidas no artigo 169.2º do R.D. 781/1986, no artigo 22.1º da Lei 30/1984, e demais lexislación concordante e de aplicación.

As prazas reservadas para a promoción interna sen cubrir acumularanse ás convocadas polo sistema xeral de acceso libre.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para ser admitido á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea para as prazas nas que así se establezca expresamente nas bases específicas da convocatoria, segundo o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e no exceder daquela en que falten menos de dez anos para xubilación forzosa por idade derterminada na lexislación básica en materia de función pública.

c) Estar en posesión do título esixible ou en condicións de obtelo, na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

d) Posuí-la capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do corpo/escala e posto ó que se aspira.

As persoas con minusvalidez deberán facelo constar na instancia, indicando se precisan adaptación das probas. A condición de minusválido acreditase por certificación da delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Non ter sido apartado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

2.2. Os requisitos establecidos na norma anterior deberán cumprirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

2.3. Será nulo o nomeamento como funcionario da entidad local dos que estean incursos en causas de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

3. Solicitudes.

3.1. Os que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar na instancia, segundo o modelo que figura no anexo II, e que poderá recollerse na deputación provincial. As instancias dirixiranse ó presidente da Deputación Provincial da Coruña, presentándose no rexistro xeral desta, durante o prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado Poderán remitirse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992.

3.2. Á instancia, que se presentará por duplicado, xuntaranlle inescusablemente:

a) Fotocopia do DNI.

b) Resgardo bancario acreditativo do ingreso dos dereitos de exame na conta número 0101/140.670 do Banco Pastor, no que figurarán o nome, apelidos, DNI e praza á que concorre.

c) Para a valoración da fase do concurso os aspirantes deberán entrega-los documentos xustificativos que estimen oportunos (orixinais ou fotocopias). Os aspirantes aprobados definitivamente deberán presentar, se é o caso, os documentos orixinais no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel no que se fixeran públicas as listas de aspirantes aprobados.

3.3. Os dereitos de exame só serán devoltos ós que non foran admitidos ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a Presidencia da Corporación, no prazo dun mes, declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos.

A citada resolución publicarase no BOP e no taboleiro de edictos do pazo provincial.

4.2. Os erros de feito poderán corrixirse en calquera momento de oficio ou a pedimento do interesado. En todo caso, a resolución a que se refire o punto anterior establecerá para efectos de reclamacións un prazo de dez días.

4.3. Posteriormente, a Presidencia da Corporación declarará aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP, xunto coa composición nominal do tribunal, lugar, data e hora de comezo do primeiro exercicio.

A data de publicación iniciará o cómputo do prazo para a interposición do recurso correspondente.

5. Tribunais cualificadores.

5.1. Os tribunais das distintas probas selectivas designaranse conforme o estipulado no artigo 4 do R.D. 896/1991, do 7 de xuño, e a súa composición nominal farase pública consonte o establecido na

base anterior. Estarán compostos polos seguintes membros:

a) Un presidente, que será o da corporación ou o deputado provincial no que delegue.

b) Tres vocais designados polo presidente da corporación, un dos cales serao por proposta da representación sindical.

c) Un vocal representante da Comunidade Autónoma.

d) Un secretario, que será o da corporación ou o funcionario no que delegue.

Os vocais deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superior ás esixidas para o acceso ás prazas convocadas.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorren neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, ou tiveran realizado tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria.

O presidente poderá esixir dos membros do tribunal declaración expresa de non estaren incursos nas circunstancias establecidas no citado artigo 28 da Lei 30/1992.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as ditas circunstancias, segundo o disposto no artigo 29 da mesma lei.

5.3. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presencia alomenos de tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

5.4. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que pudiesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.

5.5. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seu traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que estimen pertinentes, limitándose os ditos asesores unicamente a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

5.6. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría e o dereito a percibi-las contías correspondentes, conforme o establecido no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, e lexislación complementaria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos aspirantes iniciarase conforme a resolución da Secretaría do Estado para a Administración Pública.

6.2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en 'unico chamamento, sendo excluídos das probas os que non comparezan, agás nos casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

6.3. A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal no taboleiro de edictos da corporación.

7. Cualificación dos exercicios.

7.1. Os sistemas de cualificación das distintas probas selectivas especifícanse nas bases específicas da convocatoria.

7.2. As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio serán expostas no taboleiro de edictos da corporación.

7.3. A relación definitiva de aprobados, dado que non pode execeder do número de prazas que se han cubrir, confeccionarase cos opositores que, tendo superado tódolos exercicios obrigatorios, obteñan maior puntuación na suma da fase de concurso e oposición.

7.4. O tribunal poderá acorda-la lectura pública dos exercicios que se realicen por escrito, se o estima conveniente.

8. Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

8.1. Concluídas as probas, o tribunal publicará á relación de aprobados por orde de puntuación, non poderá supera-lo número de prazas convocadas e elevará a dita relación, xunto coa acta da última sesión, á Presidencia da Corporación, que efectuará o nomeamento.

8.2. No prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte a aquel no que se fixeron públicas as listas, os aspirantes aprobados deberán presentar no rexistro xeral da entidade os seguintes documentos:

a) Título ou testemuño notarial deste esixido para tomar parte nas probas selectivas para cubri-las correspondentes prazas.

b) Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

c) Declaración de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade conforme a lexislación vixente e referida ó momento da súa toma de posesión.

d) Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

e) Dúas fotografías tamaño carné.

Os aspirantes aprobados que fixeran vale-la súa condición persoal con minusvalidez na instancia, deberán presentar tamén a certificación á que se fai referencia na base 2.1.d) que acredite tal condición, e igualmente deberán presentar certificado, expedito polo mesmo órgano ou polo competente da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño de tarefas e funcións correspondentes, no prazo sinalado na base anterior.

Os aspirantes aprobados na quenda de promoción interna deberán presentar tamén, se é o caso, os documentos orixinais a que fai referencia a base 3.2.c), no mesmo prazo sinalado na base anterior.

8.3. Ante a imposibilidade debidamente xustificada de presenta-los documentos expresados, poderá acreditar que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria, mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

8.4. Os que teñan a condición de funcionarios de carreira estarán exentos de xustificaren documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración pública da que dependan para acreditar tal condición.

8.5 Os que dentro do prazo indicado e agás casos de forza maior non presentaran a documentación, non poderán se nomeados, quedando anuladas tódolas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puideran incorrer por falsidade na súa instancia.

8.6. Cumpridos os requisitos procedentes, o presidente da corporación efectuará o nomeamento dos aspirantes propostos, os que deberán tomar posesión no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da notificación.

8.7. Os aspirantes que obteñan o correspondente nomeamento estarán obrigados a presta-la súa xornada de traballo na medida e forma requiridos polo interese do servicio, con horario de mañá ou tarde, ou fraccionando a xornada se for preciso.

9. Norma final.

9.1. A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Bases específicas para a provisión en propiedade de tres prazas de administrativo de Administración xeral

1. As prazas están encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, pertencentes ó grupo C, conforme o establecido na Lei 30/1984, do 2 de agosto.

2. As prazas cubriranse da forma seguinte:

A) Unha praza polo sistema xeral de acceso libre, mediante o sistema de oposición.

B) Dúas prazas para promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

Poderán participar nas probas de acceso reservadas á promoción interna os funcionarios da subescala de auxiliares de Administración xeral da propia corporación que posúan a titulación indicada e con

ten como mínimo con dous anos de servicio na dita subescala de procedencia tamén na propia corporación.

4. Fase de concurso:

Esta fase é exclusiva para o sistema de promoción interna e nela valoraranse os seguintes méritos:

a) A antigüidade do funcionario no corpo a que pertenza, 0,50 puntos por ano ou fracción superior a seis meses de servicio na corporación, ata un máximo de 8 puntos.

b) Por ter un grao persoal consolidado superior ó do posto base de auxiliar de Administración xeral da corporación, 0,25 puntos.

c) Por titulación superior á esixida, 0,50 puntos.

d) Cursos impartidos pola Administración ou homologados relacionados coa actividade que se vai realizar, ata un máximo de 2 puntos:

-De menos de 15 horas: 0,10 puntos.

-De 15 a 40 horas: 0,20 puntos.

-De máis de 40 a 70 horas: 0,35 puntos.

-De máis de 70 a 100 horas: 0,50 puntos.

-De máis de 100 horas: 0,75 puntos.

e) Curso de perfeccionamento de galego, 0,25 puntos.

A publicación da puntuación da fase de concurso realizarase con anterioridade á corrección do primeiro exercicio.

A cualifación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións nas fases de oposición e concurso.

Os aspirantes de promoción interna xuntarán á instancia os documentos xustificativos que estimen oportunos (orixinais ou fotocopias).

En ningún caso a puntuación obtida na fase de concurso poderá aplicarse para supera-los exercicios da fase de oposición.

5. Fase de oposición.

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio para tódolos aspirantes. Consistirá en contestar un cuestionario de 100 preguntas con respostas alternativas sobre o contido do programa específico no anexo I.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio para tódolos aspirantes. Consistirá en solucionar por escrito, nun tempo máximo de tres horas, dous supostos prácticos que formulará o tribunal, relativos a tarefas administrativas relacionadas co programa e que a súa realización corresponda ós funcionarios da subescala á que pertencen as prazas.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio para tódolos aspirantes. Consistirá na traducción nun tempo máximo de trinta minutos, dun texto do castelán para o galego e doutro do galego para o castelán, ámbolos dous propostos polo tribunal. O grao mínimo de coñecemento da lingua galega que se esixirá nesta proba é o de iniciación.

Cuarto exercicio.-De carácter obrigatorio unicamente para os aspirantes da quenda libre, estando expresamente eximidos del os aspirantes da quenda de promoción interna, segundo o disposto na normativa vixente (artigos 77 do R.D. 364/1995, e 23.1º do Decreto 93/1991). Consistirá en desenvolver un exercicio de tratamento de textos que determine o tribunal, nun tempo máximo de trinta minutos, utilizando o programa Lotus Ami Pro. V.3.1.

Os exercicios serán cualificados de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os que non alcancen unha puntuación mínima de 5 puntos. No primeiro exercicio, a puntuación máxima alcanzarase coa contestación de tódalas preguntas correctamente; as preguntas contestadas incorrectamente puntuarán negativamente, e as non contestadas non puntuarán, nin positiva, nin negativamente.

6. Relación de aprobados.

A relación de aprobados confeccionarase conforme o establecido na base xeral 7.3.

7. Dereitos de exame.

Os dereitos de exame fíxanse na cantidade de 2.000 ptas.

A Coruña, 10 de febreiro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO I

Programa

Grupo A.

Tema 1.-A Constitución española de mil novecentos setenta e oito. Estructura e principios xerais. Os dereitos fundamentais na Constitución española. O modelo económico da Constitución española. O Tribunal Constitucional. A reforma da Constitución.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois: a súa garantía e suspensión.

Tema 3.-A organización do Estado na Constitución: organización institucional ou política e organización territorial. A Coroa. As Cortes Xerais: referencia ó Defensor do Pobo e ó Tribunal de Contas.

Tema 4.-O poder xudicial: principios constitucionais. Organización xudicial en España. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Ministerio Fiscal.

Tema 5.-O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais.

Tema 6.-Idea xeral das administracións públicas no ordenamento español. A Administración xeral do Estado. As comunidades autónomas: especial referencia ós estatutos de autonomía. A Administración local. A Administración institucional.

Tema 7.-Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 8.-Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fonte do dereito administrativo: especial referencia á lei e ós regulamentos.

Tema 9.-A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos: a Administración e o administrado. Capacidade e representación. Dereitos do administrado. Os actos xurídicos do administrado.

Tema 10.-O procedemento administrativo: concepto e clases. A súa regulación no dereito positivo: principios informadores. As fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencia administrativo.

Tema 11.-Dimensión temporal do procedemento. Os procedementos especiais: reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais; a potestade sancionadora e outros procedementos.

Tema 12.-O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Motivación e notificación.

Tema 13.-Eficacia dos actos administrativos. Executividade e execución forzosa. Suspensión. Validez e invalidez do acto administrativo. Validación, conservación e conversión.

Tema 14.-Revisión dos actos administrativos. Revisión de oficio. Os recursos administrativos: principios xerais. O recurso de alzada. O recurso potestativo de reposición. O recurso extraordinario de revisión. O recurso económico-administrativo.

Tema 15.-Formas da acción administrativa, con especial referencia á Administración local. A actividade de fomento. A actividade de policía: as licencias. O servicio público local: formas de xestión do servicio público local.

Tema 16.-A intervención administrativa na propiedade privada. A exposición forzosa.

Tema 17.-A responsabilidade da Administración pública: evolución histórica e situación actual.

Tema 18.-A Comunidade Autónoma de Galicia (I). O Estatuto de autonomía de Galicia. As competencias da Comunidade Autónoma. O Parlamento Galego. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 19.-A Comunidade Autónoma de Galicia (II). A Administración autonómica de Galicia. Organización e estructura das consellerías. A Administración institucional da comunidade.

Grupo B.

Tema 20.-O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 21.-O municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación: especial referencia ó empadroamento.

Tema 22.-Organización municipal. Competencias.

Tema 23.-A provincia. Organización provincial. Competencias.

Tema 24.-Outras entidades locais. Mancomunidades, comarcas ou outras entidades que agrupen varios municipios. As áreas metropolitanas. As entidades de ámbito territorial inferior ó municipal.

Tema 25.-Réximen xeral das eleccións locais.

Tema 26.-Relacións das entidades locais coas restantes administracións. A autonomía local.

Tema 27.-Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedemento de elaboración e aprobación, infraccións.

Tema 28.-O persoal ó servicio das entidades locais: funcionarios, persoal eventual e persoal laboral.

Tema 29.-Réxime xurídico do persoal funcionario das entidades locais: dereitos, deberes, réxime disciplinario. Situacións administrativas. Dereitos económicos. Seguridade Social. Incompatibilidades.

Tema 30.-Os bens das entidades locais: O dominio público. O patrimonio privado destas.

Tema 31.-Os contratos administrativos na esfera local. A selección do contratista. As garantías e responsabilidades na contratación. Execución, modificación e suspensión. A revisión de prezos. Invalidez dos contratos. Execución dos contratos.

Tema 32.-Especilidades do procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos: requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 33.-Funcionamento dos órganos colexiados locais: réxime de sesións e acordos. Actas e cerficacións de acordos. As resolucións do presidente da corporación.

Tema 34.-A lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: principios inspiradores. Competencia urbanísticas provincial e municipal.

Tema 35.-O planeamento urbanístico: significado e clases de plans. Procedemento de elaboración e aprobación. Efectos da aprobación dos plans. Execución dos plans. A clasificación do solo.

Tema 36.-Intervención na edificación e uso do solo: as licencias. Intervención administrativa na defensa do ambiente: as actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

Tema 37.-A actividade financeira. A Lei xeral tributaria: principios.

Tema 38.-O orzamento: principios orzamentarios. A Lei xeral orzamentaria.

Tema 39.-As facendas locais. Clasificación dos ingresos. As ordenanzas fiscais.

Tema 40.-Estudio especial dos ingresos tributarios: impostos, taxas e contribucións especiais. Os prezos públicos.

Tema 41.-Os orzamentos das entidades locais. Principios, integración e documentos de que constan. Proceso de aprobación do orzamento local. Principios xerais de execución do orzamento. Modificacións orzamentarias: os créditos extraordinarios e os suplementos de crédito, as transferencias de créditos e outras figuras. Liquidación do orzamento.

Tema 42.-O gasto público local: concepto e réxime legal. Execución dos gastos públicos. Contabilidade de contas.