Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO polo que se anuncia o contrato de asistencia técnica para levar a cabo diversas actuacións en materia de xestión catastral e tributaria nos concellos desta mancomunidade.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 23/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación de asistencia técnica para levar a cabo diversas actuacións en materia de xestión catastral e tributaria nos concellos desta mancomunidade. b) Lugar de execución: municipios da Mancomunidade de Verín.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: negociado con publicidade.

4. Orzamento base da licitación.

Non se establece previamente, dadas as características do contrato que impiden fixa-lo seu prezo global.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: 200.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 46 00. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentación e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe. b) Outros requisitos: os que se recollen na cláusula sexta das do prego de condicións.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos do punto 6).

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Mancomunidade de Municipios de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade: Verín. d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior. e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Aprobación expediente de contratación: asemblea da mancomunidade do 1-3-2000.

b) Consulta de documentación: rexistro xeral da Mancomunidade de Municipios de Verín. Praza do Concello, 1, 32600 Verín.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 10 de marzo de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente da Mancomunidade de Municipios

da Comarca de Verín