Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.752

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA

CONVOCATORIA da asemblea constituínte para os días 8 e 9 de abril de 2000.

De acordo coa disposición transitoria segunda da Lei 2/1999, do 24 de febreiro, de creación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, anúnciase a convocatoria da asemblea constituínte do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia para os días 8 e 9 de abril de 2000, que terá lugar no auditorio da Universidade de Santiago de Compostela.

A asemblea constituínte, de acordo co punto 2 da mencionada disposición transitoria, deberá elaborar e aproba-los estatutos definitivos do colexio e elixi-los seus órganos colexiados de goberno.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2000.

A. Maneiro

Presidente da comisión xestora