Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 febreiro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio da empresa Acuinova Galicia, S.A. (A-36.125.185) a favor de Insuiña, S.L. (B-36.021.954).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa e permiso de actividade pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e o Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142, do 24 de xullo) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista da autorización da transferencia do dominio público marítimo-terrestre ocupado a favor de Insuiña, S.L. da Dirección Xeral de Costas, e do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularide da concesión e do permiso de actividade do establecemento que se relaciona a continuación:

Tipo de establecemento: criadoiro.

Localización:

Lugar: As Mariñas-Mougás.

Concello: Oia.

Provincia: Pontevedra.

Especies autorizadas: rodaballo (Psetta maxima), ollomol (Pagellus bogaraveo), robaliza (Dicentrarchus labrax), linguado (Solea solea), dourada (Sparus aurata).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 20-4-1982. BOE nº 142, do 15 de xuño).

Remate da vixencia: 20-4-2002.

Anterior concesionario: Acuinova Galicia, S.A. (A-36.125.185).

Novo titular da concesión e do permiso de actividade: Insuiña, S.L. (B-36.021.954).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede

mento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, de xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 14 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG 120, do 24 xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo