Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de xaneiro de 2000 pola que se lle outorga a Fernández Mariño, S.L. autorización para modifica-las instalacións dun establecemento auxiliar de cultivos mariños, estación depuradora, sito no lugar de Abanqueiro, Triñáns, Boiro (A Coruña).

Vista a documentación presentada por José Fernández Dieste, en representación de Fernández Mariño, S.L., na que solicita autorización para modifica-las instalacións da estación depuradora situada en Abanqueiro, Triñáns, Boiro (A Coruña).

Considerando que a tramitación do expediente se realizou de conformidade co disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre e demais lexislación de aplicación.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, tendo en conta os informes que constan no expediente, á vista do informe do Servicio Técnico Xurídico e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños,

RESOLVE:

Autorizarlle a Fernández Mariño, S.L. (CIF B-15.327.885) a modificación e ampliación da instalación, coas seguintes características:

Tipo de establecemento: estación depuradora.

Especie: ostra, ostra grande, ameixa fina, ameixa babosa, mexillón e berberecho.

Outorgamento: Orde do 29-3-1994 (DOG nº 81, do 28 de abril).

Vixencia: ata o 28-4-2004.

As modificacións realizaranse de acordo co proxecto titulado «Anteproxecto de nova piscina e depósito decantador» elaborado polo arquitecto técnico J. Ventura Fernández Sarasquete e que se inclúe no expediente. As características básicas da ampliación e modificación da estación depuradora corresponderanse coas sinaladas a continuación e a súa distribución estará de acordo co plano que figura anexo a esta orde:

a) Superficie total do establecemento: 1.390,75 m.

b) Características das instalacións:

Entreplanta: 108 m (oficina, laboratorio, xerencia, almacén, aseos e vestiarios).

Planta baixa: 825 m. (Nº de piscinas de depuración: 6).

Superficie das piscinas:

Piscina nº 1: 66 m.

Piscina nº 2: 74 m.

Piscina nº 3: 115 m.

Piscina nº 4: 70 m.

Piscina nº 5: 47 m.

Piscina nº 6: 77 m.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: a superficie de dominio público marítimo-terrestre non se modifica, sendo a especificada na orde de outorgamento do 29 de marzo de 1994.

Segunda: as obras, que poderán dar comezo no momento da publicación desta orde, deberán estar rematadas no prazo máximo de dous anos, e ó seu remate comunicarase á Delegación Territorial desta consellería na Coruña, para a súa inspección e elaboración do preceptivo informe.

Terceira: ó establecemento seralle de aplicación o disposto na orde inicial de outorgamento e nas disposicións legais concordantes de conformidade coa normativa vixente sobre esta clase de establecementos.

Cuarta: o outorgamento desta autorización non exime o titular da obtención das licencias ou outras autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997,

DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura