Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 26 de xaneiro de 2000, da Área de Servicios Sociais da provincia de A Coruña, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre prestacións de LISMI, Real decreto 383/1984, que se relacionan no anexo.

En uso das competencias sobre as prestacións da LISMI atribuídas no artigo 43 do Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro e polo Real decreto 258/1985, do 23 de xaneiro, ó resultaren fallidas as anteriores notificacións por correo e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícase a cada un dos abaixo citados a resolución dictada trala revisión dos seus expedientes pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer reclamación por escrito perante esta delegación provincial formulando as alegacións e achegando as probas

que coide convenientes no prazo de 15 días a partir do seguinte ó desta publicación. Se no prazo indicado non presentou reclamación poderá interpoñer, dentro do mes seguinte, recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, directamente ou a través desta delegación provincial, confome o artigo 114 da Lei 4/1999 antes citada.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2000.

O delegado provincial da Coruña

Rubricado

ANEXO

Solicitante: Rama Carreira, Manuel.

DNI: 76.365.988.

Resolución: extinción e reclamación importes.

Causa: incompatibilidade coa realización de actividade laboral.

Fundamentos: artigo 2.1º b), 29.1º a) e 41 del Real decreto 383/1984.