Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 24 de xaneiro de 2000, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifica a resolución dictada sobre o subsidio para a integración dos minusválidos da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre os subsidios para a integración dos minusválidos da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

trala devolución polo servicio de correos da resolución enviada no seu día, notifícaselle ó citado no anexo a resolución dictada, en relación co expediente de subsidio de garantía de ingresos mínimos, pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de esta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta notificación, perante a Dirección Xeral dos Servicios Sociais (edificios administrativos San Caetano-15771 Santiago de Compostela) directamente ou a través desta delegación provincial, segundo artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en redacción dada pola Lei 4/1999.

Vigo, 24 de xaneiro de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Beneficiaria: Carmen Veloso Costa.

DNI: 35.975.732.

Resolución: extinción do dereito a percibi-lo subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Causa: figurar afiliada e en alta no Réxime Especial de Autónomos.

Fundamentos de dereito: artigo 29.1º d) do Real decreto 383/1984, establece como requisito non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social.

Cantidade que hai que reintegrar: 1.745.450 ptas. (10.490,36 euros*).

(* Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166,386 ptas./1 euro).