Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 24 de xaneiro de 2000, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifica a reiteración da citación para comparecencia no EVO de Pontevedra, sobre pensión non contributiva da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, trala devolución polo servicio de correos da citación para comparecer no equipo de valoración de Pontevedra, realizada con data do 23 de novembro de 1999 e a súa reiteración o 9 de decembro de 1999, en relación coa solicitude de pensión non contributiva de invalidez.

Prócedese, por este edicto, a unha nova citación de comparecencia no EVO de Pontevedra (rúa da Cruz Vermella, nº 9 baixo) dentro dos cinco días seguintes ó da súa publicación no DOG. De non comparecer a esta citación, procederase á denegación da súa solicitude de pensión non contributiva por imposibilidade de determina-lo grao de minusvalidez ou enfermidade crónica que o/a afecta.

Vigo, 24 de xaneiro de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: José Ramón Pérez Nieto.

DNI: 7.529.194.

Deberá presentarse na Sección de Cualificación e Valoración de Minusválidos do centro base de Pontevedra, sito na rúa Cruz Vermella nº 9 baixo. De non comparecer a esta citación, procederase á denegación da súa solicitude de pensión non contributiva por imposibilidade de determina-lo o grao de minusvalidez ou enfermidade crónica que o afecta.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.