Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 24 de xaneiro de 2000, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifica a resolución dictada sobre o subsidio para a integración dos minusválidos da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre os subsidios para a integración dos minusválidos da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, trala devolución polo servicio de correos da resolución enviada no seu día, notifícaselle ó citado no anexo a resolución dictada, en relación co expediente do subsidio de garantía de ingresos mínimos, pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución pode presenta-las alegacións, os documentos ou xustificantes que coide oportunos, nun prazo de 15 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no DOG, de conformidade co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se neste prazo non presenta alegacións, a resolución derivará en definitiva, podendo interpoñer recurso ordinario, dentro do prazo do mes seguinte, perante a Dirección Xeral dos Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano-15771 Santiago de Compostela) directamente ou a través desta delegación provincial, segundo o artigo 114 da Lei 30/1992 xa citada.

Vigo, 24 de xaneiro de 2000.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Beneficiaria: Hermelinda Gabarres Jiménez.

DNI: 76.901.760.

Resolución: suspensión do dereito a percibi-lo subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Causa: percibi-lo subsidio de desemprego desde o 18 de febreiro de 1998.

Fundamentos de dereito: a situación de desemprego subsidiado conceptúase como unha situación asimilada á alta, de acordo co previsto no artigo 95 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social. Polo tanto, procede a suspensión da prestación por non reuni-lo esixido no artigo 2.1º b) do Real decreto 383/1984.

Cantidade que hai que reintegrar: 24.935 ptas. (149,86 euros *).

(* Para esta información utilizouse o tipo oficial de conversión 166,386 ptas./1 euro).