Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de febreiro de 2000 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para efectos de efectua-la transmisión da cetaria sita en terreos de servicio do porto de Espasante, Ortigueira, da titularidade de José Martínez Martínez, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 28-5-1999, José Martínez Martínez solicitou autorización para a transmisión da concesión do establecemento de que se trata.

Segundo.-Os informes do xefe da Sección de Acuicultura sobre as características da cetaria e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, así como que o ente Portos de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, autorizou o peticionario para realiza-la transmisión da titularidade

á sociedade Cetárea de Espasante, S.L. por resolución do 19 de maio de 1999, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, tendo en conta, igualmente, o disposto no artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte

Resolución

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Cetárea de Espasante, S.L. (CIF: B-15688278), da concesión administrativa do establecemento que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: cetaria.

Situación:

Terreos na zona de servicio do porto de Espasante, Ortigueira.

Especies autorizadas:

Crustáceos.

Título habilitante:

Orde outorgamento: 27-5-1981 (BOE nº 176, do 24 de abril).

Remate vixencia: 24-7-2001.

Actuais titulares: José Martínez Martínez (DNI/NIF 32.527.886-K) e Visitación Ares González (DNI/NIF 76.399.063-D).

Novo titular: Cetárea de Espasante, S.L.

A. Superficie do establecemento:

A.1. 1 nave: 18,20 x 9,70 = 176,54 m.

A.2. Sobreplanta=oficina, vestiario, servicios e almacén: 9,70 x 3,45 = 33,46 m.

B. Superficie de piscinas (9 piscinas).

B.1. Piscinas 1 a 5: 5 x 6,30 m x 1,50 m = 42,50 m.

B.2. Piscinas 6 e 7: 2 x 10,25 m x 2,35 m = 48 m.

B.3. Piscinas 8 e 9: 2 x 8,25 m x 2,26 m = 38 m.

Total superficie (9) piscinas: 128,50 m.

C. Outras instalacións.

C.1. Caseta de bombas: 4,90 m x 2,50 m = 12,25 m.

C.2. Tubos de captación: 27 m x 1 m = 27 m.

C.3. Tubos de impulsión: 61 m x 0,65 m = 30,65 m.

Total toma de auga e caseta de bombas: 78,90 m.

D. Superficie total ocupación dominio público:

D.1. Nave: 176,54 m.

D.2. Toma de auga e caseta de bombas: 78,90 m.

Total ocupación: 255,44 m.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o

momento da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 7 de febreiro de 2000.

P.D. (14-6-1999, DOG nº 120, do 24)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña