Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000 pola que se abre prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística.

BASES:

Base 1ª.-Obxecto.

O obxecto da presente convocatoria é a elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cober

tura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polos correspondentes funcionarios, de conformidade coa normativa de aplicación.

Base 2ª.-Listas.

Polo que se refire ó ámbito territorial, elaborarase unha lista para servicios centrais.

En canto ós puntos ós que se refire o artigo 12 do Decreto 89/1997, do 10 de abril (DOG nº 79, do 25), a lista na que se incluirán os solicitantes será a seguinte:

-Lista A:

Lista A) 1. Incluiranse nesta lista os aspirantes que, non superando o último proceso selectivo correspondente ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e obtiveron puntuación na fase de concurso. Neste caso a prelación virá dada pola posición obtida na resolución da convocatoria de acceso, computándose a suma de ámbalas puntuacións, figurando aquela de maior a menor. No caso de empate prevalecerá a nota máis alta acadada no primeiro exame.

Lista A) 2. Incluiranse nesta lista aqueles aspirantes que, non superando o último proceso selectivo correspondente ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e non obtiveron puntuación na fase de concurso, fixándose a súa prelación en función da suma das cualificacións obtidas na dita fase, ordenadas estas de maior a menor.

Así mesmo, aqueles aspirantes que, aínda tendo puntos correspondentes á fase de concurso, desexen inscribirse na lista A) 2 renunciando ós puntos da fase de concurso e, polo tanto, á súa inclusión na lista A) 1, poderán facelo sinalándoo na instancia, debendo permanecer na dita lista, unha vez efectuada a opción, durante a súa vixencia.

Se se trata de interesados ós que lle sexa de aplicación o epígrafe A1, deberán indicar na solicitude en cal dos dous epígrafes desexe figurar na lista (A1 ou A2). No seu defecto incluiranse no epígrafe A1.

De acordo co disposto no artigo 4.2º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, as listas que se confeccionan serán unicamente as correspondentes ós epígrafes sinalados con anterioridade (A1 e A2), ó considerar suficiente o número de opositores que non superaron o último proceso selectivo pero si tódalas probas da fase de oposición.

Base 3ª.-Solicitudes.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo I desta convocatoria.

3.2. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días contados desde a publicación da presente convocatoria no DOG e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.3. Todos aqueles solicitantes que foron admitidos no último proceso selectivo de acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatística, estarán exentos do pagamento da taxa por dereitos de inscrición.

Base 4ª.-Requisitos.

Os solicitantes deberán acredita-la posesión da titulación superior ou equivalente en socioloxía, informática, matemáticas, economía, ciencias empresariais ou enxeñería. O citado requisito deberá posuírse o último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo, terán que acreditar no momento en que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Ser español.

-Ter cumpridos os 18 anos.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

No suposto que non acrediten estes requisitos os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Base 5ª.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberá presentarse fotocopia do DNI e fotocopia cotexada do título académico.

Base 6ª.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión permanente de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, á que se refire o artigo 5 do Decreto 89/1997 e que ten a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, será a encargada de elabora-las listas correspondentes.

6.2. Unha vez elaboradas as listas, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no DOG o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería de Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

6.3. Os chamamentos realizaranse utilizando simultánea e alternativamente as listas A) 1 e A) 2 de forma que o primeiro aspirante chamado será o correspondente da lista A) 1, o segundo o da lista A) 2, e así sucesivamente ata a finalización dos chamamentos correspondentes, ás dúas listas do epígrafe A).

6.4. Cada seis meses desde a publicación das listas estas poderán modificarse coa inclusión daquelas solicitudes que se presenten con posterioridade ó termo do prazo fixado para a presentación de ins

tancias, sempre que reúnan os requisitos dos epígrafes das listas que se aprobaran.

Base 7ª.-Recursos.

Contra a presente resolución, que non pon fin á via administrativa, poderán os interesados formular recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia

e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública