Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.456

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

BASES:

Base 1ª.-Obxecto.

O obxecto da presente convocatoria é a elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo correspondentes ás materias que se especifican no anexo I e pertencentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores nume

rarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polos correspondentes funcionarios, de conformidade coa normativa de aplicación.

Base 2ª.-Listas.

Polo que se refire ó ámbito territorial, elaborarase unha lista para a provincia da Coruña e outra para a de Pontevedra para cada unha das materias.

Por canto ós puntos ós que se refire o artigo 12 do Decreto 89/1997, do 10 de abril (DOG nº 79, do 25 de abril), as listas nas que se incluirán os solicitantes serán as seguintes:

Lista A:

Lista A) 1. Incluiranse nesta lista os aspirantes que, non tendo superado o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase

de oposición e obtiveron puntuación na fase de concurso. Neste caso a prelación virá dada pola posición obtida na resolución das respectivas convocatorias de acceso, computándose a suma de ambas puntuacións, figurando aquela de maior a menor. No caso de empate prevalecerá a nota máis alta conseguida no primeiro exame.

Lista A) 2. Incluiranse nesta lista aqueles aspirantes que, non superando o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e non obtiveron puntuación na fase de concurso, fixándose a súa prelación en función da suma das cualificacións obtidas na dita fase, ordenadas estas de maior a menor.

Así mesmo, aqueles aspirantes que, aínda que teñan puntos correspondentes á fase de concurso, desexen inscribirse na lista A) 2. renunciando ós puntos da fase de concurso e, polo tanto, a súa inclusión na lista A) 1., poderán facelo sinalándoo na instancia, debendo permanecer na dita lista unha vez efectuada a opción durante a súa vixencia.

Se se trata de interesados ós que lles sexa de aplicación o epígrafe A) 1., deberán indicar na solicitude en cal dos dous epígrafes desexa figurar na lista, A) 1. ou A) 2. No seu defecto incluiranse no epígrafe A) 1.

Os aspirantes poderán elixir ser incluídos nas listas respectivas en máis dun ámbito territorial. Despois de seren chamados para prestar servicios nun dos ámbitos elixidos e logo da aceptación do posto de traballo, serán excluídos dos demais ámbitos territoriais nos que figuren , sen prexuízo do disposto no artigo 8 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

De acordo co disposto no artigo 4.2º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, as listas que se confeccionen serán unicamente as correspondentes ós epígrafes sinalados con anterioridade A) 1. e A) 2., por considerar suficiente o número de opositores que non superaron os últimos procesos selectivos pero si tódalas probas da fase de oposición.

Grupo A, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Base 3ª.-Solicitudes.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta convocatoria.

3.2. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días contados desde a publicación da presente convocatoria no DOG e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.3. Todos aqueles solicitantes que foron admitidos no último proceso selectivo de acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, na materia de que se trate, estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición.

Base 4ª.-Requisitos.

Os solicitantes deberán reuni-los requisitos que, para cada materia, se determinen no anexo I. Os citados requisitos deberán posuírse no último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo, terán que acreditar no momento en que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Ser español.

-Ter cumpridos os dezaoito anos.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

No suposto que non acrediten estes requisitos os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Base 5ª.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberá presentarse fotocopia do DNI e fotocopia cotexada do título.

Base 6ª.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión permanente de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, á que se refire o artigo 5 do Decreto 89/1997, e que ten a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, será a encargada de elabora-las listas correspondentes.

6.2. Logo de seren elaboradas as listas, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición delas nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

6.3. Os chamamentos realizaranse utilizando simultánea e alternativamente as listas A) 1. e A) 2., de forma que o primeiro aspirante chamado será o correspondente da lista A) 1., o segundo o da lis

ta A) 2., e así sucesivamente ata a finalización dos chamamentos correspondentes ás dúas listas do epígrafe A). Todo isto en cada ámbito territorial no que existan as listas de que se trate.

6.4. A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da exposición das listas obxecto desta convocatoria, quedarán sen efecto na súa totalidade as listas elaboradas de conformidade coa Resolución do 10 de novembro de 1993 (DOG nº 222, do 18 de novembro) correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

6.5. Cada seis meses desde a publicación das listas estas poderán modificarse coa inclusión daquelas solicitudes que se presenten con posterioridade ó remate do prazo fixado para a presentación de instancias, sempre que reúnan os requisitos dos epígrafes das listas que se aprobaran. Todo isto sen prexuízo do disposto na base 2ª.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados formular recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

GrupoMateriaRequisito

ABioloxía pesqueira Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

ACultivos mariños Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

ANavegación e meteoroloxía Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

AInglés marítimo Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

GrupoMateriaRequisito

ADebuxo técnicoEstar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

AFísicaEstar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

AMatemáticas Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

AFormación humanística Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

ALingua e literatura galega Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

AFormación e orientación laboral Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

BAxuste e torno Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

BConducción, vapor e frío Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

BPrácticas do buque (ponte e cuberta) Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995

BInstalacións e equipos de cultivos Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995