Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.450

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000 pola que se abre prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo superior de Administración (grupo A), de xestión de Administración (grupo B), administrativo (grupo C), auxiliar (grupo D) e subalterno (grupo E) da Xunta de Galicia.

BASES:

Base 1ª.-Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é a elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura,

con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo do corpo supe-

rior de Administración (grupo A), de Xestión de Administración (grupo B), administrativo (grupo C),

auxiliar (grupo D) e subalterno (grupo E) da Xunta de Galicia, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polos correspondentes funcionarios, de conformidade coa normativa de aplicación.

Base 2ª.-Listas.

Polo que se refire ó ámbito territorial, para cada corpo, elaborarase unha lista para servicios centrais

e outra para cada provincia da Comunidade Autónoma.

En canto ós apartados ós que se refire o artigo 12 do Decreto 89/1997, do 10 de abril (DOG nº 79 do 25 de abril), a lista na que se incluirán os solicitantes será a seguinte:

-Lista A:

Lista A) 1. Incluiranse nesta lista os aspirantes que, non superando o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e obtiveron puntuación na fase de concurso. Neste caso a prelación virá dada pola posición obtida na resolución da convocatoria de acceso, computándose a suma de ámbalas puntuacións, figurando aquela de maior a menor. No caso de empate prevalecerá a nota máis alta acadada no primeiro exame.

Lista A) 2. Incluiranse nesta lista aqueles aspirantes que, non superando o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e non obtiveron puntuación na fase de concurso, fixándose a súa prelación en función da suma das cualificacións obtidas na dita fase, ordenadas estas de maior a menor.

Así mesmo aqueles aspirantes que aínda tendo puntos correspondentes á fase de concurso desexen inscribirse na lista A) 2. renunciando ós puntos da fase de concurso e polo tanto á súa inclusión na lista A) 1. poderán facelo sinalando na instancia, debendo permanecer na dita lista, unha vez efectuada a opción durante a súa vixencia.

Si se trata de interesados ós que lle sexa de aplicación o epígrafe A) 1. deberán indicar na solicitude en cál dos dous epígrafes desexe figurar na lista (A) 1. ou A) 2.). No seu defecto incluiranse no epígrafe A) 1.

Os aspirantes poderán ser incluídos nas listas respectivas en máis dun ámbito territorial. Unha vez chamados para prestar servicios nun dos ámbitos elixidos e unha vez aceptado o posto de traballo, serán excluídos dos demais ámbitos territoriais en que figuren, sen prexuízo do disposto no artigo 8 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

De acordo co disposto no artigo 4.2º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, as listas que se confeccionan serán unicamente as correspondentes ós epígrafes sinalados con anterioridade (A) 1. e A) 2.), ó considerar suficiente o número de opositores que non superaron o último proceso selectivo pero si tódalas probas da fase de oposición:

-Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

-Corpo administrativo da Xunta de Galicia.

-Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

-Corpo subalterno da Xunta de Galicia.

Lista B:

Incluiranse nesta lista os solicitantes que non reúnan as condicións para poder inscribirse nas anteriores e a súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo ó que se refire o artigo 12.B) do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Esta lista só se aplicará ós aspirantes que se inscriban na lista do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, a comisión permanente de valoración poderá fixar un número máximo de compoñentes das listas cando, polo número de instancias presentadas e o número de vacantes que se prevexa que poidan producirse, aquel pareza suficiente.

Base 3ª.-Solicitudes.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta convocatoria.

3.2. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días a contar desde a publicación da presente convocatoria no DOG e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.3. Todos aqueles solicitantes que foron admitidos no proceso selectivo, de acceso ó corpo ó que se presenten, estarán exentos do pagamento da taxa por dereitos de inscrición, así como os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia.

Os solicitantes que non participaron no proceso selectivo para o ingreso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), estarán obrigados, no prazo de dez días a partir da publicación das listas, ó pagamento das taxas que a continuación se expresan: 7.525 ptas., debendo remitir nese mesmo prazo á Dirección Xeral da Función Pública o documento acreditativo do seu aboamento.

Os que así non o fixeran no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Para facer efectivo o ingreso da taxa deberá cubrirse o anexo IV. Os modelos correspondentes a este anexo facilitaranse nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia especificadas na base 3.2, debendo cubrirse cos códigos que figuran nel. Non obstante para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do anexo IV que se publica con esta convocatoria.

Base 4ª.-Requisitos.

Os solicitantes deberán reuni-los requisitos que para cada corpo se determinan no anexo I. Os citados requisitos deberán posuírse o último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo terán que acreditar no momento en que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Ser español.

-Ter cumpridos os 18 anos.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

No suposto de que non acrediten estes requisitos, os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Base 5ª.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberá presentarse fotocopia do DNI e fotocopia cotexada do título académico que se achegue, e, se é o caso, copia cotexada da cualificación da minusvalidez, para os efectos da exención prevista na base 3.3.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo previsto no artigo 12 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, desexen que se lles teñan en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos para o corpo, escala que se solicita, acreditaranse, debidamente mediante documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexados fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo do anexo III, significándose que non se valorarán aqueles méritos que a comisión considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos a que se refire o epígrafe B.3) do artigo 12 do referido decreto, servicios prestados noutras administracións públicas no mesmo corpo ou escala, acreditaranse mediante certificación xustificativa que deberá emitirse polos órganos de xestión de persoal competentes.

No suposto de alegar méritos polos epígrafes A) e B) 1., ter superados a totalidade dalgún dos exercicios do último proceso selectivo, non será necesario que o interesado os xustifique.

Base 6ª.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión permanente de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, á que se refire o artigo 5 do Decreto 89/1997 e que ten a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, será a encargada de elabora-las listas correspondentes.

6.2. Unha vez elaboradas as listas, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no DOG o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do servicio de información e atención ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

6.3. Os chamamentos realizaranse utilizando simultánea e alternativamente as listas A) 1. e A) 2. de forma que o primeiro aspirante chamado será o correspondente da lista A) 1., o segundo o da lista A) 2., e así sucesivamente ata a finalización dos chamamentos correspondentes, ás dúas listas do epígrafe A).

6.4. A partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de exposición das listas obxecto desta convocatoria quedarán sen efecto as listas elaboradas anteriormente no que se refire ós corpos que figuran no anexo I.

6.5. Cada seis meses desde a publicación das listas estas poderán modificarse coa inclusión daquelas solicitudes que se presenten con posterioridade ó termo do prazo fixado para a presentación de instancias sempre que reúnan os requisitos dos apartados das listas que se aprobaran.

Base 7ª.-Recursos.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados formular recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

GrupoCorpo ou escalaRequisitos

ACorpo superior de Administración da Xunta de GaliciaLicenciado, enxeñeiro superior, arquitecto ou equivalente
BCorpo de xestión de Administración da Xunta de GaliciaEnxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado universitario ou equivalente
CCorpo administrativo de Administración da Xunta de GaliciaBacharelato, formación profesional de segundo grao, ter superadas as probas de acceso para maiores de 25 anos ou equivalente
DCorpo auxiliar de Administración da Xunta de GaliciaGraduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente
ECorpo subalterno de Administración da Xunta de GaliciaCertificado de escolaridade