Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Interior, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores P-16/1999 e C-2/1999 en materia de xogo.

Expediente sancionador: P-16/1999.

Intentada a notificación directa ó titular do establecemento Parrillada Silencio, Jesús Taboada Pereira, con DNI 76.808.428, da resolución con data do 26 de outubro de 1999, dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse, esta dirección xeral resolve, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, proceder á notificación da dita resolución mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Resolución:

1º) Sanciónase o titular do establecemento Parrillada Silencio, sita en r/ Corredoira nº 10 do concello de Lalín (Pontevedra), Jesús Taboada Pereira, con DNI 76.808.428, con multa de cento dez mil pesetas (110.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29 i) da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada, no seu local, unha máquina recreativa de tipo B carecendo da autorización de explotación e do boletín de instalación.

2º) Sanciónase a empresa operadora Electrónicos Andrade, S.L., con CIF B-15097513, con nº de rexistro C-168, solidariamente co seus xerentes apoderados, con multa de cento dez mil pesetas (110.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29 i) da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local Parrillada Silencio, no concello de Lalín (Pontevedra), unha máquina recreativa de tipo B carecendo da autorización de explotación e do boletín de instalación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda Galega, de multas e sancións, nº 311-500.6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución pola vía de constrinximento.

Expte. sancionador C-2/1999.

Intentada a notificación directa o titular do establecemento Bremmen, Cristina Pérez Valiño, con DNI 34.953.307, da Resolución do 2 de agosto de 1999, dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse, esta dirección xeral resolve, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, proceder á súa notificación mediante a publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia.

Resolución:

1º) Sanciónase a titular do establecemento Bremmen, sito en r/ Avda. Compostela, 23 do concello de Oroso (A Coruña), Cristina Pérez Valiño, con DNI nº 34.953.307, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29 i) da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada, no seu local, unha máquina recreativa de tipo A carecendo de comunicación de instalación e do boletín de instalación.

2º) Sanciónase á empresa operadora Sociedad Recreativa Rías Altas, S.L., con NIF A-15.074.628, con nº de rexistro C-00/0, solidariamente co seus xerentes apoderados, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29 i) da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable

a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local Bremmen, no concello de Oroso (A Coruña), unha máquina recreativa de tipo A carecendo da autorización de instalación e do boletín de instalación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda Galega, de multas e sancións, nº 311-300-4355/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior