Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a contratación da asistencia técnica de servicios formativos de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa (3 lotes).

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a contratación da asistencia técnica de servicios formativos de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa (3 lotes).

Obxecto: asistencia técnica de servicios formativos de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa (3 lotes).

Orzamento de licitación: trece millóns seiscentas mil pesetas (13.600.000 ptas. // 81.737,65 euros) impostos incluídos.

Lote 1: servicios formativos de instructor de mergullo profesional: 5.000.000 de ptas.

Lote 2: servicios formativos de primeiro monitor de mergullo profesional: 4.300.000 ptas.

Lote 3: servicios formativos de segundo monitor de mergullo profesional: 4.300.000 ptas.

Os licitadores poderán presentar ofertas a un ou varios lotes.

Garantías:

-Provisionais:

Lote 1: 100.000 ptas.

Lote 2: 86.000 ptas.

Lote 3: 86.000 ptas.

-Definitivas:

Lote 1: 200.000 ptas.

Lote 2: 172.000 ptas.

Lote 3: 172.000 ptas.

Prazo de execución: segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras (rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños. Santiago de Compostela), na oficina de Información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela (edificio administrativo San Caetano), así como nas delegacións territoriais desta consellería, durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ou nos rexistros das delegacións territoriais desta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do decimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, deberase remitir un telegrama ou fax á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: faraa a mesa de contratación, que se reunirá nas oficinas centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 11 horas do cuarto día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coin

cidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación