Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-2-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo, integrada en representación da parte económica por Atransa, Transcaf e Acotrades, e, da parte social, por CC.OO e UGT, o día 1-2-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de febreiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Asistentes.

Fernando Varela López, en representación de Atransa.

José Rico Casal, en representación de Transcaf.

Fernando Vaamonde Romero, en representación de Acotrades.

Manuel Santiso Iglesias, en representación de UGT.

Juan Granados Llanos, en representación de CC.OO.

Manuel López López, en representación de CC.OO.

Na cidade da Coruña, sendo as dezasete horas do día 1 febreiro de 2000, reúnense no local da Confederación de Empresarios de A Coruña os membros da comisión paritaria do convenio provincial de mercadorías por estrada da provincia da Coruña.

Aberta a sesión, dáse lectura ás táboas salariais do convenio provincial de transporte de mercadorías por estrada da Coruña para o ano 2000.

Comprobadas estas, danse por aprobadas polos asistentes e decídese remitilas para a súa publicación no BOP da Coruña, e no Diario Oficial de Galicia.

Acórdase así mesmo, que no artigo 16 «Incrementos salariais» no número catro da segunda liña onde pon: «manterase o IPC real o 31 de decembro de 1999», deberá poñer: «manterase o IPC real o 31 de decembro de 2000», da cláusula de revisión.

No artigo 10 «Salario base mensual» na terceira liña, onde pon: «paga extraordinaria que se especifica no artigo 14», deberá poñer: «paga extraordinaria que se especifica no artigo 13».

E sendo as 17.30 horas do devandito día, levántase a sesión, do que dan fe os asistentes.

TÁBOAS SALARIAIS

CONVENIO PROVINCIAL DE MERCADORÍAS 2000

CategoríasMesPaga extraAnual

Grupo 1º
Persoal superior técnico
Subgrupo A
Xefe de servicio167.322132.0972.404.155
Inspector provincial155.490122.7572.234.151

Subgrupo B
Enxeñeiros e licenciados157.697124.4992.265.861
Enx. técnicos e Aux. titulados137.041108.1901.969.062
Axudantes técnicos sanitarios126.775100.0851.821.555

Grupo 2º
Subgrupo A
Persoal administrativo
Xefe de sección140.554110.9612.019.531
Xefe de negociado136.123107.4651.955.871
Oficial 1ª129.438102.1881.859.820
Oficial 2ª125.85599.3571.808.331
Auxiliar administrativo120.73595.3151.734.765
Aspirante de 16 a 17 anos94.22674.3911.353.885

Persoal de axencias

de transporte

Encargado xeral134.531106.2111.933.005
Encargado de almacén126.689100.0201.820.328
Capataz123.61697.5921.776.168
Mozo especializado122.54396.7461.760.754
Mozo carga, descarga e reparto120.26294.9461.727.982

Subgrupo B
Transporte de mercadorías
Xefe de tráfico de 1ª134.531106.2111.933.005
Xefe de tráfico de 2ª130.137102.7391.869.861
Xefe de tráfico de 3ª127.254100.4641.828.440
Conductor-mecánico129.720102.4101.863.870
Conductor127.416100.5921.830.768
Conductor motocicleta e furgón124.81398.5361.793.364
Axudante123.09697.1781.768.686
Mozo especializado122.76196.9141.763.874
Mozo carga, descarga e reparto120.26294.9461.727.982

Subgrupo C
Persoal de servicios auxiliares
Sección 1ª Garaxes
Encargado xeral 1ª129.438102.1881.859.820
Encargado xeral 2ª122.76196.9141.763.874

CategoríasMesPaga extraAnual

Encargado de almacén121.16595.6551.740.945
Engraxador-lavacoches124.17198.0331.784.151
Garda de noite120.26294.9461.727.982
Garda de día120.26294.9461.727.982

Sección 2ª Estación de lavado

e engraxe

Encargado de 1ª128.513101.5471.846.527
Encargado de 2ª122.76196.9141.763.874
Engraxador124.17198.0331.784.151
Mozo de servicio120.26294.9461.727.982

Subgrupo H
Transportes mobles, mudanzas

e gardamobles

Xefe de tráfico134.531106.2111.933.005
Inspector visitador130.137102.7391.869.861
Encargado almacén e gardamobles128.513101.4571.846.527
Capataz127.157100.3891.827.051
Capitonista126.690100.0201.820.340
Mozo especializado121.89996.2341.751.490
Mozo120.26294.9461.727.982
Carpinteiro126.690100.0201.820.340
Conductor mecánico129.720102.4101.863.870
Conductor124.81398.5361.793.364
Conductor furgoneta/motocicleta121.77796.1401.749.744

Grupo 3º
Persoal de movimento
Factor127.251100.4621.828.398

Grupo 4º
Persoal de talleres
Xefe de taller149.665118.1542.150.442
Encargado xeral133.752105.5911.921.797
Encargado ou contramestre133.752105.5911.921.797
Encargado de almacén133.752105.5911.921.797
Xefe de equipo129.720102.4101.863.870
Oficial de 1ª128.382101.3571.844.655
Oficial de 2ª124.31198.1411.786.155
Oficial de 3ª124.22498.0721.784.904
Mozo de taller122.74796.9071.763.685

Grupo 5º
Cobrador de facturas120.73595.3151.734.765
Telefonista119.53694.3741.717.554
Porteiro121.85396.1991.750.833
Vixilante121.85396.1991.750.833
Limpadora396
Mozo dos recados, 16 a 17 anos92.41672.9611.327.875

Antigüidade (artigo 11º).

Cinco años: 8.058.

Dez anos: 12.299.

Quince anos: 16.017.

Vinte anos: 20.045.

Vintecinco anos: 24.073.

Complemento de perigosidade e toxicidade (artigo 12º-I): 29.717.

Complemento de longa distancia (artigo 12º-II): 10.438.

Axudas de custo (artigo 15º).

Dentro de Galicia: 4.554.

Resto Estado español: 4.967.