Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Plásticos Ferro, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Plásticos Ferro, S.L. (código 2700572), da provincia de Lugo, asinado o día 27 de decembro de 1999, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de febreiro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Reunidos:

Dunha parte, José Vilela Castro, con DNI nº 32.631.843, como representante da empresa Plásticos Ferro, S.L.

Doutra parte, Gumersindo Carballeira García, con DNI nº 32.625.135, como presidente do comité de empresa e José Manuel Ferreiro Dablanca, con DNI nº 33.851.849, como secretario do comité de empresa, ambos do centro de traballo de Muras (Lugo) da empresa Plásticos Ferro, S.L.

Manifestan:

Que o día 27 de decembro de 1999 se asinou o convenio colectivo do centro de traballo de Muras (Lugo) da empresa Plásticos Ferro, S.L., para o ano 1999.

Sen telo observado no momento da sinatura, apréciase agora un erro de transcrición no artigo 23 do mencionado convenio, referente á cláusula de revisión, de maneira que o texto finalmente rubricado non concorda co acordo que realmente se produciu respecto a este artigo 23º.

Igualmente, obsérvase un erro de transcrición nas táboas salariais.

Polo que, para emendar estes erros mecanográficos,

Acordan:

Autoriza-la presentación do citado convenio colectivo ante a autoridade laboral competente, tendo en conta a nova redacción do citado artigo 23, que pasa a se-la seguinte:

«Artigo 23º.-Cláusula de revisión.

No suposto de que o IPC, o 31 de decembro de 1999, supere o 2,4%, farase unha revisión automática nas táboas de salarios pola porcentaxe que exceda do dito 2,4%, para o efecto de tomalo como base para os cálculos salariais de 2000».

Igualmente, acordan autoriza-la presentación do citado convenio colectivo ante a autoridade laboral competente, tendo en conta que no recadro de «Total anual» da táboa de salarios para 1999 do grupo 13, debe dicir, «786.960 pesetas».

En Muras, 25 de xaneiro de 2000.

Asdo.: José Vilela.

Asdo.: Gumersindo Carballeira.

Asdo.: José M. Ferreiro.

Convenio de empresa

Ano de vixencia: 1999

Plásticos Ferro, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo abranguerá tódolos traballadores do centro de traballo de Muras (Lugo) da empresa Plásticos Ferro, S.L., dedicada á fabricación de canos e accesorios para a conducción de fluídos, para a regulación das relacións laborais co persoal ó seu servicio, e estenderase, así mesmo, a calquera outro centro de traballo que, relacionado coa actividade principal da empresa, puidese ter esta na provincia de Lugo.

Este convenio colectivo de traballo substitúe o anterior, publicado no BOP de Lugo co nº 205, do 7 de setembro de 1998.

Artigo 2º.-Lexislación suplementaria.

No non previsto neste convenio, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais disposicións legais vixentes.

As condicións de traballo que nel se estipulan teñen o carácter de mínimas e na súa virtude serán nulos os pactos e cláusulas que, individual ou colectivamente, impliquen condicións menos favorables para os traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP máis os efectos económicos serán retroactivos ata o primeiro de xaneiro de 1999. A duración deste será dun ano, desde o primeiro de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999.

Este convenio enténdese denunciado por ámbalas partes no momento da súa sinatura.

A denuncia do convenio non significará modificación ningunha no seu articulado, que se continuará aplicando ata a negociación do novo convenio.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán aplicadas globalmente.

Artigo 5º.-Ámbito persoal.

Este convenio abranguerá a totalidade dos traballadores, así como o persoal que ingrese na empresa durante a vixencia do convenio, que estean comprendidos no citado artigo 1º deste convenio.

Artigo 6º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo que fosen superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e a título individual.

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo, segundo a lexislación vixente, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa.

A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel de productividade adecuado, baseado na utilización óptima dos recursos humanos e materiais. Isto é posible cunha actitude activa e responsable das partes integrantes, dirección, traballadores e comité de empresa.

Sen mingua da facultade aludida no parágrafo 1º deste artigo, os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, proposta, emisión de informes etc., no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente, e especialmente de acordo co regulamentado no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Roupa de traballo.

Entregaránselle ó persoal dúas pezas de roupa de traballo, fundas, batas ou chaquetas curtas, depen

dendo do posto de traballo, por ano. A conservación e limpeza das ditas pezas será por conta do traballador, que deberá mantelas en bo estado de conservación e limpeza, ou da empresa naqueles casos que determine o Comité de Seguridade e Saúde.

O persoal de almacén e mantemento recibirá tres fundas por ano.

Entregaranse once pares de luvas como mínimo a cada operario de producción ou almacén por ano.

O uso da roupa de traballo será obrigatorio dentro da xornada laboral.

Ós traballadores que realicen traballos no exterior dotaráselles de roupa de auga.

Facilitaráselles ós traballadores de producción, almacén e mantemento, un par de botas de seguridade por ano.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral establécese en 40 horas semanais.

Non excederá de 1.800 horas en cómputo anual.

A xornada será partida ou por quendas.

A xornada partida realizarase de luns a venres, a razón de 8 horas diarias.

A xornada a quendas realizarase segundo o calendario adxunto, con xornada de 8 horas diarias.

Artigo 10º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais.

Desfrutaranse segundo o calendario que se elaborará entre a dirección e o comité de empresa.

O persoal da empresa poderá solicitar tres días ó ano a conta das vacacións. Estes días concederanse de acordo coas normas e/ou regulamentos que se establecerán entre a empresa e o comité de empresa.

Artigo 11º.-Réxime económico.

O réxime económico retributivo salarial para todo o persoal de Plásticos Ferro, S.L., afectado por este convenio, será o establecido para cada categoría nas táboas salariais como anexo.

O incremento salarial correspondente ó ano 1999 é do 2,8%.

Artigo 12º.-Clasificación do persoal.

1. Xefe de división.

2. Xefe de área.

3. Xefe de quenda, encargado.

4. Oficial de 1ª administrativo, xefe de grupo.

5. Oficial de 1ª de oficio.

6. Vendedor.

7. Auxiliar de laboratorio.

8. Oficial de 2ª de oficio.

9. Oficial de 2ª administrativo.

10. Auxiliar administrativo, subalterno.

11. Axudante.

12. Peón.

13. Aprendiz.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade aplicarase segundo a táboa que se xunta como anexo.

A antigüidade aplicarase desde o día de ingreso na empresa.

A antigüidade terá efecto desde o día de cumprimento da condición de antigüidade.

Os complementos de antigüidade que o día do asinamento deste convenio sexan superiores ós que correspondan segundo a táboa anexa, quedarán bloqueados ata que sexan superados pola táboa de complemento de antigüidade en vigor.

Artigo 14º.-Complementos.

1. Establécese un complemento extrasalarial que se detalla na táboa anexa.

2. Complemento de quendas. Terá unha contía do 10% sobre o salario base diario, contabilizando tódolos días do mes.

3. Complemento de nocturnidade. Terá unha contía do 25% do salario base diario, nos días traballados na quenda de noite.

4. Complemento de convenio. Terá unha contía que se detalla na táboa anexa.

O complemento extrasalarial establécese como compensación ó transporte e distancia, e precisamente segundo o seu carácter compensatorio, non será cotizable á Seguridade Social.

Os restantes complementos serán cotizables á Seguridade Social.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Retribuiranse conforme o establecido no Estatuto dos traballadores.

É vontade das partes procurar, na medida do posible, a reducción destas.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias que se percibirán nos meses de xullo e decembro, antes do día 22 do mes respectivo, a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 17º.-Paga de convenio.

Establécese unha paga de convenio que será rateada en doce mensualidades, na contía que se establece na táboa salarial adxunta.

Artigo 18º.-Póliza de seguros.

A empresa establecerá unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte e invalidez total e absoluta, motivadas por accidente, sexa ou non laboral, nas contías de dous millóns cincocentas mil pesetas e tres millóns de pesetas, respectivamente.

En caso de accidente que ocasione invalidez total e absoluta, a póliza cubrirá o pagamento de, ademais

da cantidade anterior, outra cantidade por contía de dous millóns cincocentas vinte mil pesetas.

Esta cobertura terá efecto 30 días despois da sinatura do convenio, e terá validez durante o tempo de permanencia do traballador na empresa.

Artigo 19º.-Premio por xubilación.

Establécense uns premios por xubilación nas seguintes contías, sempre que esta sexa efectiva dentro do primeiro mes do cumprimento de idade:

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 450.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 650.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 850.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 1.050.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 1.250.000 pesetas.

Artigo 20º.-Permisos e licencias.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 21º.-Seguridade e hixiene.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei de prevención de riscos laborais e demais normas complementarias.

Artigo 22º.-Traballos de categoría superior.

Cando un traballador realice traballos propios de categoría superior á que teña atribuída, por substitucións ou dunha forma continuada, percibirá, durante o tempo que realice tales traballos, a remuneración total correspondente á categoría á que circunstancialmente quedase adscrito.

Artigo 23º.-Cláusula de revisión.

No suposto de que o IPC o 31 de decembro de 1999 supere o 2,4% farase unha revisión automática nas táboas de salarios pola porcentaxe que exceda do dito 2,4%, para o efecto de tomalo como base para os cálculos salariais de 1999.

Artigo 24º.-Dereitos sindicais.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical, e demais normativa vixente.

Artigo 25º.-Incapacidade temporal.

A empresa, en caso de incapacidade temporal, derivada tanto de accidente como de enfermidade que esixa hospitalización, completará o salario ata o 100% dos conceptos salariais.

Artigo 26º.-Prevención de alcoholemias.

Como prevención de accidentes laborais, e de acordo coa ordenanza laboral vixente, prohíbese introducir e consumir bebidas alcohólicas ou outras substancias non autorizadas no centro de traballo, así

como presentarse ó traballo ou permanecer nel en estado de embriaguez ou de calquera outro xénero de intoxicación.

Artigo 27º.-Comité mixto paritario.

Para a interpretación deste convenio créase unha comisión paritaria composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

Artigo 28º.-Contratos de traballo.

Os contratos de traballo observarán a lexislación vixente.

Por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos que así o esixan, poderanse facer contratos con atención ó carácter excepcional da actividade ata un máximo de 9 meses, de acordo co artigo 15, letras A e B e artigo 48 da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Artigo 29º.-Axuda escolar.

Crearase unha axuda para os nenos en idade escolar.

Os representantes da empresa manifestan expresamente a súa vontade de tratar de manter no transcurso do ano 1999 o número de postos de traballo actualmente existentes.

ANEXO

Táboas salariais 1999 (incremento 2,8%)

GrupoSalarioComplem.

convenio

Complem.

extra

Paga

convenio

Total anual

1 mes198.0627.19713.85416.5053.223.543

2 meses167.6797.19713.85413.9732.767.805

3 meses134.0497.19713.85411.1712.263.355

4 meses113.5827.19713.8549.4651.956.343

5 días3.7412384553121.956.550

6 meses102.5607.1979.3678.5471.737.177

7 meses102.5607.1979.3678.5471.737.177

8 días3.3732383072811.735.302

9 meses102.5607.1979.3678.5471.737.177

10 meses98.4647.1976.9398.2051.646.591

11 días3.2382382272701.644.705

12 días3.121238862601.539.929

13 días1.728144734.429

Táboa antigüidade, ano 1999

1 trienio2 trienios1 quinquenio2 quinqueniosSeguintes

Grupo 17.57515.15125.75736.36245.453

Grupo 26.15812.31520.93629.55636.946

Grupo 35.40110.80318.36625.92732.410

Grupo 44.9929.98516.97423.96529.955

Grupo 54.9299.85716.75823.65729.572

Grupo 64.8079.61316.34223.07128.840

Grupo 74.8079.61316.34223.07128.840

Grupo 84.7409.48116.11822.75628.445

Grupo 94.8079.61316.34223.07128.840

Grupo 104.6539.30615.82122.33627.919

Grupo 114.5929.18315.61122.04027.550

Grupo 124.5019.00115.30121.60227.002