Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 34/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 40, do luns 28 de febreiro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 2.620, letra A, punto 3, onde di: «A estadía en UVI, UCI, ou unidades asimiladas ... 13.244», debe dicir: «A estadía en UVI, UCI, ou unidades asimiladas ... 113.244».

-Na páxina 2.620, letra B, punto 3.1, onde di: «No suposto de que o paciente tivera que ingresa-la facturación ...», debe dicir: «No suposto de que o paciente tivera que ingresar, a facturación ...».

-Na páxina 2.622, na columna Sala especial, Radioloxía, Especialidade dixestiva, no Procedemento, Esclerose percutánea quistes abdominais, extracción corpos estraños, onde di: «... quistes abdominais ...», debe dicir: «... cistes abdominais ...».

-Na páxina 2.623, punto 6, no cadro Niveis quimioterapia ambulatoria, na columna administración ambulatoria, no penúltimo concepto, onde di: «Adriamicina, vincristina e dexametosona», debe dicir: «Adriamicina, vincristina e dexametasona».

-Na páxina 2.625, punto 13, aparece duplicado «Detección opiáceos en urina ... 1.570».