Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.391

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán o concurso da praza de profesorado desta universidade 1702/1999.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real dd ecreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 20 de setembro de 1999 (BOE do 9 de outubro) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2000.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

Praza de profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: estomatoloxía.

Praza nº: 1702/1999.

Comisión titular:

Presidente: Davil Suárez Quintanilla, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Antonio Aguado Santos, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Juan Sebastián López Arranz, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocal 2º: Tomás José Escuín Henar, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Vocal 3º: Mª Asunción Mendoza Mendoza, profesora titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Comisión suplente:

Presidente: Antonio Bascones Martínez, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: José María Suárez Quintanilla, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Emilio Cuenca Sala, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 2º: Juan Carlos Rivero Lesmes, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: Miguel Ángel González Moles, profesor titular de universidade. Universidade de Granada.