Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 4 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador S-20/1999 incoado a Ovidio Álvarez Domínguez.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícase a Ovidio Álvarez Domínguez a resolución do delegado provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, do 23 de novembro de 1999, despois de terse intentado a súa notificación no último domicilio coñecido sen resultado positivo.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, co enderezo no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Ronda da Muralla nº 70-baixo 2º.

A sanción imposta, o prazo de ingreso e o procedemento de pagamento figuran no anexo seguinte.

ANEXO

Expediente: S-20/99.

1. Denunciado: Ovidio Álvarez Domínguez DNI: 35.792.786.

2. Último domicilio coñecido: rúa Rianxo nº 3-2º C-15009-A Coruña.

3. Feitos imputados: como consecuencia do labor inspector e de control das condicións sanitarias de producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura que teñen atribuída os funcionarios da Xefatura Provincial da Policía Autónoma de Lugo, con data 30 de marzo de 1999 procedeuse á identificación de Ovidio Álvarez Domínguez, con DNI nº 35.792.786, que realizaba venda de peixe fresco carecendo de guía-factura. Estes feitos quedan reflectidos na acta de inspección Rexistro Saída nº 782 do día 30 de marzo de 1999, da Xefatura Provincial da Policía Autonómica en Lugo.

4. Preceptos infrinxidos: artigo 35.a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigo 3.1º.7. do Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (modificado polo Real decreto 1840/1997, do 5 de decembro); artigos 17.2º e 23.2º do Decreto 419/1993, do 17 de decembro, da Xunta de Galicia, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga e primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco.

5. Cualificación da infracción: de acordo co artigo 35 a)3 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, debe cualificarse como leve.

6. Sanción imposta: dez mil pesetas (10.000 ptas.).

7. Prazo de ingreso: de conformidade co disposto no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, Regulamento xeral de recadación, do 20 de decembro, o dito prazo é o seguinte:

As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, deberanse pagar desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte, ou o inmediato día hábil posterior.

As sancións notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, deberanse pagar desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte, ou o inmediato día hábil posterior.

Se, non obstante, deixase transcorre-los prazos indicados, seralle esixido o ingreso en vía executiva.

8. Procedemento de pagamento: de acordo coa Orde do 22 de maio de 1987 da Consellería de Eco

nomía e Facenda, o pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria á Xunta de Galica, conta restrinxida da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, recadación de multas e sancións, con número de conta 01825947110010140179 da sucursal do BBV, Banco Bilbao Vizcaya, co enderezo en Santiago de Compostela.

9. Recurso procedente: en cumprimento dos artigos 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado dispón do prazo dun mes, desde a publicación desta resolución, para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

Lugo, 4 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo