Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 1 de febreiro de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade na zona de concentración de Villestro-Figueiras (Santiago de Compostela-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Villestro-Figueiras (Santiago de Compostela-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto de 322/1991, do 4 de outubro (DOG nº 197, do 11 de outubro), que os traballos de investigación da propiedade para efectos de concentración darán comezo o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia e prolongaranse por un período de quince días hábiles, no lugar habilitado para o efecto na mesma parroquia.

Requírese ós propietarios, arrendados e parceiros e, en xeral, ós cultivadores e titulares de calquera dereito, para que dentro do indicado prazo, presenten ó persoal encargado dos citados traballos, os títulos en que funden o seus dereitos e declaren en todo caso os gravames ou situacións xurídicas que afecten os seus predios ou dereitos.

Requírese tamén a cantos actualmente utilizan augas públicas, para que indiquen a leira ou leiras que regan con ela, así como se está inscrito ó aproveitamento en Augas de Galicia ó seu favor ou o doutra persoa ou, noutro caso, data desde a que veñen utilizando as augas públicas, por si ou polos seus causantes, xuntando en todo caso, as probas que acrediten estas situacións.

Advírtese ós propietarios das leiras que non aparecesen neste período, que estas serán consideradas como de descoñecidos e daráselles o destino sinalado na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia. Igualmente advírtese que a falsidade destas declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e prexuízos que se deriven da dita falsidade ou omisión.

Os traballos de concentración afectarán á totalidade das parcelas pertencentes ás parroquias de Villestro e Figueiras, do concello de Santiago de Compostela, polo tanto, os propietarios delas deberán, no seu propio interese, ademais de face-la declaración das súas parcelas, segui-lo desenvolvemento dos traballos de concentración para facer vale-los seus dereitos no momento oportuno.

A Coruña, 1 de febreiro de 2000.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña