1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización das investigacións sanitarias do programa de sanidade animal, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: os que se especifiquen no prego de prescricións técnicas.
c)Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2001, prorrogable por un ou dous anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: procedemento de negociado.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: mil douscentos dezanove millóns, oitocentas setenta e oito mil pesetas (1.219.878.000 ptas.) (7.331.614 euros).
5. Garantías.
Provisional: oitenta e catro mil pesetas (84.000 ptas.) (505 euros).
Definitiva: cento sesenta e oito mil pesetas (168.000 ptas.) (1.010 euros).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 47 77.
e) Telefax: 981 54 57 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non é necesaria.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 29 de marzo de 2000.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 7 de abril de 2000.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria