Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña.
Denominación: reforma R.B.T. Talai de C.T. Campo Feira.
Situación: Betanzos.
Características técnicas: reforma da rede de baixa tensión do lugar de Talai nunha lonxitude de 380 m en conductor R.Z., que esta conectada a R.B.T. existente do C.T. Campo da Feira. Betanzos.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de febreiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña