Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de setembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio dunha depuradora de moluscos sita no Facho-Castrelo-Cambados, titularidade de Demarca, S.L. a favor de Mariscos Cordal, S.L. (CIF B-36048528).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara.

Tendo en conta que a empresa Demarca, S.L. obtivo a autorización previa de transmisión da titularidade con data 30-1-1998 e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Tendo en conta que con data 15-12-1997 o Ministerio de Medio Ambiente concede a autorización de transmisión a favor de Mariscos Cordal, S.L. para a ocupación de 556 m de dominio público marítimo terrestre.

Vista a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31).

Vista a Lei 22/1998, do 28 de xullo, de costas.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, e tendo en conta os informes que constan no expediente, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico

RESOLVE:

Acceder ó solicitado, outorgándolle á entidade Mariscos Cordal, S.L. con CIF (B-36048528), a titu

laridade do permiso de actividade e concesión administrativa do seguinte establecemento:

Tipo de establecemento: depuradora de moluscos.

Localización: O Facho-Castrelo-Cambados (Pontevedra).

Data da concesión: Orde do 1-9-1989 (DOG nº 200, do 18 de outubro).

Data do remate da concesión: 18-10-1999.

Anterior concesionario: Demarca, S.L.

Novo titular da concesión: Mariscos Cordal, S.L.

O novo titular quedará subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario. Consta anotación preventiva de embargo ordenado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Cambados executivo ce letras de cambio 292/1997.

Esta resolución pon fin a vía administrativa segundo o artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e de conformidade co artigo 58 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ó de notificación da presente resolución, logo de comunicación o órgano que adoptou o acto impugnado, de conformidade co artigo 110.2º da Lei 30/1992.

Vigo, 14 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG 120, do 24)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra