Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación de montes desta provincia 3/1998 e oito máis.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 14 de decembro de 1999 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do vocal Emilio Sánchez Coto, e coa asistencia dos vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón e do secretario

Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número 3/1998:

Denominación: monte de Vilasante.

Pertenza: veciños do lugar de Vilasante.

Parroquia: Vilasante.

Concello: Cervantes.

Superficie: 100 hectáreas.

Estremas.

Norte: regueiro de Navallos que o separa do monte do lugar de Fabal, rego da Arqueira e predios particulares. Leste: predios particulares e monte do lugar de Vilar de Cucos. Sur: monte do lugar de Vilar de Cucos e termo das Nogais. Oeste: termo das Nogais e regueiro de Navallos que o separa do monte do lugar de Fabal.

Expediente número 5/1998:

Denominación: montes Taro Blanco e Forcadas.

Pertenza: veciños do lugar de Meiraos.

Parroquia: Meiraos.

Concello: Folgoso do Courel.

Superficie: 219 hectáreas.

Estremas e perímetros.

Parcela Taro Blanco-125 hectáreas:

Norte: limitando co monte Taro Blanco pertencente ós veciños do lugar de Vilasivil, sobe segundo unha lomba cara ó nordés desde os predios particulares de Meiraos ata o alto de Taro Blanco de onde baixa na mesma dirección ata Fonte do Lago. Aquí empeza a dividir cara ó leste co monte de Vilela. Leste: segue dividindo co monte de Vilela cara ó surleste faldreando por enriba dos prados de Vilela ata a lomba das de Xanfrán. Aquí empeza a dividir co monte de Piñeira co que segue cara ó sur faldreando por enriba dos prados de Barreiro, sobe á lomba de Barreiro a Coto e baixa a media faldra cara ó suroeste ata Valdavellas. Sur: desde Valdavellas segue cara ó suroeste dividindo co monte de Piñeira ata Castro de Cousoliños onde empeza a dividir cos predios particulares de Meiraos. Oeste: limita cos predios particulares de Meiraos.

Parcela Forcadas-94 hectáreas:

Norte: limitando de oeste a leste co monte Penido pertencente ós veciños do lugar de Vilasivil, desde Chao Grande de Penido por unha lomba cara ó nordés ata o río Pequeno. Leste: limita co río Pequeno e predios particulares de Meiraos. Sur: desde preto do río Pequeno e Forcadas limitando con monte de Seoane sobe cara ó suroeste ata Lamelas. Oeste: desde Lamelas subindo cara ó noroeste pola lomba do mesmo nome divide co monte de Mercurín ata Castro do Brío, segue limitando cara ó noroeste co monte de Mercurín por Subpenela ata subir a Chao Grande de Penido.

Expediente número 7/1998:

Denominación: montes Serra Pequena e Porto dos Lobos.

Pertenza: veciños da parroquia de Chao de Fabeiro.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 20 hectáreas.

Estremas e perímetros.

Parcela Serra Pequena-1 hectárea:

Norte: monte propiedade particular dos veciños de Chao de Fabeiro. Leste: monte propiedade particular dos veciños de Chao de Fabeiro. Sur: monte propiedade particular dos veciños de Chao de Fabeiro. Oeste: monte propiedade particular dos veciños de Chao de Fabeiro. Esta parcela está situada na parte máis alta do promontorio coñecido polo mesmo nome.

Parcela Porto dos Lobos-19 hectáreas:

Norte: punto de encontro entre os camiños coñecidos como Camiño tras da Serra e Camiño das Pedreiras. Leste: Camiño tras da Serra e predios particulares de Chao de Fabeiro. Sur: predios particulares de veciños de Chao de Fabeiro, no lugar coñecido como Alto do Papuxo Oeste: predios particulares de veciños de Chao de Fabeiro, no lugar coñecido como Campo do Val e como Pedreiras.

Por unanimidade acórdase deixar pendente para a próxima sesión do Xurado, a posible clasificación da parcela San Martiño, na que se atopa un enclavado de 10 hectáreas conveniadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, coa comunidade dos lugares de Marexe e Vilamaior, parroquia de Fiolleda, para os montes Serra de Marexe, Vilamaior e Serra de Cubas (2715732), e dirixirse ás dúas comunidades implicadas para que acheguen documentación acreditativa da súa pertenza.

Expediente número 8/1998:

Denominación: montes Grande, Pedroso e Queimado.

Pertenza: veciños da parroquia de Distriz.

Concello: Monforte de Lemos. Superficie: 102 ha.

Estremas.

Norte: monte comunal da parroquia da Vide. Leste: predios particulares de Distriz e Mañente (Pantón). Sur: camiño veciñal entre Distriz e a parroquia da Vide, e predios particulares de Distriz. Oeste: camiño veciñal entre Distriz e a parroquia da Vide.

Expediente número 16/1998:

Denominación: monte Foro de Santo Tomé.

Pertenza: veciños do lugar de Santo Tomé de Cancelada.

Parroquia: Cancelada.

Concello: Cervantes.

Superficie: 40 hectáreas.

Estremas.

Norte: termo municipal das Nogais e predios particulares. Leste: predios particulares. Sur: monte de Queirogal. Oeste: termo municipal das Nogais.

Expediente número 23/1998:

Denominación: monte de Pol.

Pertenza: veciños do lugar de Pol.

Parroquia: Baamorto.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 56 ha.

Estremas.

Norte: monte Ferroedo 27155056, pertencente á comunidade de Fiolleda e conveniado coa Xunta de Galicia, e monte veciñal en man común da parroquia de Fiolleda. Leste: predios particulares do lugar de Pol. Sur: predios particulares do lugar de Pol.

Oeste: camiño veciñal, río Barrantes e predios particulares do lugar de Pol.

Expediente número 1/1999:

Denominación: monte de Gilfonso ou Cabalar.

Pertenza: veciños da parroquia do Pereiro.

Concello: Alfoz.

Superficie: 229 hectáreas.

Estremas e descrición do perímetro.

Norte: comezando no lugar chamado Carballo da Veiga Rubia, segue por Penas do Campo da Cruz Derriba, atravesando a estrada Ferreira-Abadín chega ata a Fonte de Gilfonso. Leste: desde a Fonte de Gilfonso, segue por Laxes de Gilfonso, Penas ou Pasos do Cabradoiro e chega ata o Porto da Moradoira. Sur: lindando co monte parcelado dos veciños desta parroquia do Pereiro, desde o Porto da Moradoira, por Pena Abaladora, atravesando a estrada Ferreira-Abadín chega ata o río Pedrido. Oeste: lindando co río Pedrido ata o lugar de comezo chamado Carballo da Veiga Rubia.

Expediente número 3/1999:

Denominación: monte de Baños e de Palleiros.

Pertenza: veciños dos lugares de San Pedro de Baños e Palleiros.

Parroquia: Marcelle.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 267 hectáreas.

Estremas e descrición do perímetro.

Norte: desde o Alto de Vidual onde concorren cos montes da parroquia de Doade (Sober), da parroquia de Marcelle e da parroquia da Penela, baixan cara ó leste por unha lomba que os divide do monte da parroquia da Penela ata o camiño da Casa de Vidual, onde está a mouteira que os separa do termo municipal de Sober. Leste: desde a Casa de Vidual baixan cara ó sur pola poligonal dos predios particulares e o regueiro de Montefurado que os divide dos montes pertencentes ós lugares de Lampaza e Vilar de Mouros, na parroquia de Doade do concello de Sober, ata chegar ó río Sil. Sur: dividen co termo municipal de Castro Caldelas (Ourense) baixando cara ó suroeste polo río Sil ata a ponte na estrada de Castro Caldelas a Monforte de Lemos e seguen cara ó oeste pola poligonal dos predios particulares ata chegar ó monte da parroquia de Doade (Sober). Oeste: dividen co monte da parroquia de Doade (Sober) subindo cara ó norte por unha lomba ó oeste do lugar de Palleiros seguindo pola mouteira entre

concellos ata o Alto de Vidual.

Expediente número 5/1999:

Denominación: montes de Rebordaos.

Pertenza: veciños da parroquia de Rebordaos.

Concello: O Saviñao.

Superficie: 94 hectáreas.

Estremas e perímetros.

Parcela nº 1 (Ancil e Carballos)-30 hectáreas:

Norte: predios particulares da parroquia de Rebordaos e camiño veciñal de Peago a Liñares. Leste: camiño pertencente ó monte comunal da parroquia de Vilelos e predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: predios particulares da parroquia

de Rebordaos. Oeste: predios particulares da parroquia de Rebordaos e camiño veciñal de Peago a Liñares.

Parcela nº 2 (Cucheiro)-7 hectáreas:

Norte: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Leste: camiño veciñal e predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Oeste: predios particulares da parroquia de Rebordaos.

Parcela nº 3 (Agrasante)-3 hectáreas:

Norte: camiño veciñal. Leste: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Oeste: predios particulares da parroquia de Rebordaos.

Parcela nº 4 (Boucellos)-5 hectáreas:

Norte: predios particulares da parroquia de Rebordaos e camiño veciñal. Leste: predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: predios particulares da parroquia de Rebordaos e camiño veciñal. Oeste: predios particulares da parroquia de Rebordaos.

Parcela nº 5 (Masenza)-49 hectáreas:

Norte: camiño veciñal e predios particulares da parroquia de Rebordaos. Leste: camiño veciñal e predios particulares da parroquia de Rebordaos. Sur: camiño veciñal e predios particulares da parroquia de Rebordaos. Oeste: camiño veciñal e predios particulares da parroquia de Rebordaos.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de decembro de 1999.

Emilio Sánchez Coto

Presidente en funcións do Xurado Provincial

de Montes Veciñais en Man Común de Lugo