Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/19-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Couto-O Barbeito.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 621 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio da L.M.T. ó C.T. caseta O Couto ata o C.T. que se proxecta no Barbeito, concello da Cañiza. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 175 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presenta alegacións a propietaria dos predios 7 e 8, que pertencen á mesma persoa e o da 14. A propietaria do 7 e 8 solicita que se declare a nulidade de todo o expediente por existeren defectos no inicio da súa tramitación e manifesta que a liña debe pasar por terreos públicos de forma que non afecte o seu predio. O propietario do predio 14 di que existe un erro nos metros da afección e, aínda que non está en desacordo co paso da liña, si pide que se lle indemnice adecuadamente.

Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica, esta contesta a primeira manifestando que non existe erro na solicitude e inicio do expediente, xa que tódolos datos foron presentados na delegación de Industria e que a finalidade da construcción desta liña é mellora-la calidade do servicio eléctrico. En canto á segunda alegación, a empresa realiza a rectificación da afección do voo do predio, que pasa a ser de 34 ml e 353 m, e informa de que a liña pasa polo lindeiro norte do predio, co que se ocasiona o menor dano posible.

Deuse traslado dos escritos de Unión Fenosa. os afectados, volvendo a presentar alegacións no mesmo sentido que as anteriores a propietaria dos predios 7 e 8.

Considerando que as alegacións presentadas pola propietaria do predio 7 e 8 foron no seu día contestadas por esta delegación, en escrito con data do 19-8-1999, no sentido de que non se esixe á empresa unha previa negociación cos afectados senón que a expropiación só se refire a aquelas persoas coas que non se chega a un acordo convido libremente, que leva-la liña por terreos de uso público, de acordo co artigo 26 do R.D. 2619/1966, só pode solicitarse cando a variación non supere o 10% da parte da liña afectada que segundo o proxecto transcorre sobre a propiedade da solicitante, que o Decreto 2617/1966, artigo 8, non obriga a lles entregar unha memoria do proxecto ós titulares afectados, senón que o proxecto ou anteproxecto se atopa á súa disposición nesta delegación e que a declaración de urxente ocupación se rexe pola Lei 54/1997, do sector eléctrico. A alegante no presentou alegación posterior ó escrito desta delegación con data do 19-8-1999. As alegacións presentadas polo

propietario do predio nº 14 só se refiren a que a valoración do predio sexa xenerosa.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outu

bro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu,

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra