Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/22-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. As Sinas II.

Situación: Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 346 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 67 da L.M.T. As Sinas I ata o C.T. que se proxecta nas Sinas II, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 275 m de lonxitude con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Realizada a información publica e a notificación individual a cada un dos afectados, presentan alegacións os propietarios dos predios 6 e 9. A propietaria do nº 6 pon de manifesto que é copropietaria do predio coas súas fillas e propón que a liña siga

o camiño público ou se separe 6 m cara á dereita do trazado proxectado por Unión Fenosa. O propietario do nº 9 di non coñece-la afección, pero solicita leva-la liña pola estrema do predio.

Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica, esta contesta á primeira dicindo que o trazado da liña segue o lindeiro do predio, polo que o prexuízo ocasionado é o mínimo. En canto á segunda alegación, confirma que o trazado tamén segue o lindeiro sur do predio.

Deuse traslado dos escritos de Unión Fenosa ós afectados, sen que contestase no prazo concedido para iso o propietario do predio 9 e o do nº 6 presenta novo escrito de similar contido co presentado anteriomente.

Considerando que da documentación achegada non queda xustificada a titularidade dos fillos da considerada propietaria do predio nº 6, xa que aínda que fora por herdanza non se xunta ningunha xustificación neses sentido.

Considerando que tanto, no predio nº 6 coma no nº 9, a liña pasa polo seu límite e polo tanto afecta minimamente ós seus predios cos seus lindeiros e que a situación do C.T. se calculou de acordo cos consumos da zona e a liña practicamente recta.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu,

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2000.

Camen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra