Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/255-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Baiuca.

Situación: Meaño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 527 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. A Costenla-Vista Alegre rematando no C.T. que se proxecta na Baiuca, concello de Meaño. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 595 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón desde o C.T. A Baiuca e C.T. A Bouza.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presentan alegacións os propietarios dos predios 12, 27, 30 e 36. Os do 12 e 30 solicitan que representantes da empresa eléctrica lles expliquen sobre o terreo a afección. A propietaria do 27 di estar de acordo coa colocación do apoio no seu predio, pero unha vez revisada a súa afección, comprobouse que esta é só de voo e equivale a 20 ml e 135 m. A propietaria do predio 36 di non estar de acordo co paso da liña e colocación do C.T. no seu predio, xa que o solo está cualificado como edificable e isto prexudicaríaa nun futuro.

Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica, esta contesta que despois de visita-los propietarios dos predios 12 e 30 o primeiro non está de acordo coa colocación do apoio e o segundo, aínda que di estar de acordo co paso da liña e colocación do apoio, non asinou autorización, polo que segue incluído na relación de afectados. En canto ás alegacións do predio 36, a empresa manifesta que o trazado elixiuse por se-lo menos prexudicial para os veciños e unha modificación deste suporía afectar a novos propietarios e modifica-las afeccións existentes; non obstante poderá presenta-la variación sempre e cando achegue a conformidade dos novos propietarios afectados.

Deuse tralado dos escritos de Unión Fenosa. os afectados, sen que estes contestasen no prazo establecido para isto.

Considerando que se seguiu a tramitación correspondente e que respecto ás alegacións do predio nº 12 polo seu largo non permite ningunha edificiación, que no nº 27 o voo pasa polo linde co camiño, polo que tampouco immpide a súa utilización e uso actual, ó igual que ocorre coa 30, e que, en canto ó 36, se elixiu a situación do C.T. para que a liña transcorrera polo linde entre ós predios 36 e 37, sendo polo tanto o trazado lóxico tanto técnico como no seu intento de menor afección en predios.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra