Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se declara a tramitación, polo procedemento de urxencia, do expediente da liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. L.M.T. Rans II no concello de Vigo e se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación. (Expediente 319/1996 A.T.).

Ó abeiro do establecido no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, polo que se modifica o carácter extraordinario da tramitación polo procedemento de urxencia que pasa a converterse en tramitación ordinaria, competencia desta delegación e vistas as alegacións formuladas polos afectados, esta delegación

ACORDA:

1. Declarar en concreto a necesidade da ocupación polo procedemento de urxencia establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que máis abaixo se relacionan, co fin de levar a cabo a execución da liña A.T. 96/319 L.M.T. Rans II, da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a que este expediente se refire, da que a autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública foron outorgadas por respectivas resolucións desta delegación do 21 de xaneiro de 1997.

2. Establece-la afección dos titulares, bens e dereitos que se xuntan, co alcance que se determina.

3. Sinala-la data para o levantamento das actas previas á ocupación, o que se levará a cabo, sobre o terreo, a partir das 10 horas dos días 21 de marzo de 2000, polo que deberán acudi-los afectados ou persoa que os represente, provistos dos documentos que acrediten de modo fidedigno a propiedade e podendo facerse acompañar de perito ou notario á súa custa.

Nº de expediente: 96/319.

Denominación da liña: L.M.T. Rans II.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderzo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Situación da liña: Rans-concello de Vigo.

Condicións técnicas: liña de 15/20 kV de 57,70 m de lonxitude. Conductor LA 56, sobre apoios formigón.

De acordo co disposto no artigo 56.2º do Regulamento da Lei de expropiación forzosa contra o presente acordo non procede ningún recurso, non obstante os interesados poderán, unha vez publicada esta relación e ata o momento de actas previas, formular por escrito, perante esta delegación, alegacións para o efecto de corrixir posibles erros que se padeceran na relación dos ben afectados pola urxente ocupación.

Vigo, 3 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 96/319Provincia: Pontevedra

L.M.T. Rans IITermo municipal: Vigo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1RansLabradíoRamón Simón CastroAvda. do Tranvía,199

36318 Cabral-Vigo

68

1/1RansLabradíoMª Carmen Viéitez Rdez.Avda. Sta. Mariña, 226,

36318 Cabral-Vigo

1152

2RansLabradíoAurora Simón BarcielaAmeal, 6,

36318 Cabral-Vigo

1255330

3RansPradoPerfecto Rdez. VillarAvda. Sta. Mariña, 248,

36318 Cabral-Vigo

22330