Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Vigilantes de Seguridad Privada.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Vigilantes de Seguridad Privada, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os profesionais de seguridade privada con categoría de vixilantes de seguridade e vixilantes de explosivos, con titulación regulada ó abeiro da Lei 23/1992, do 30 de xullo, de seguridade privada, e que desenvolvan a súa actividade profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Jesús Vázquez Conde e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais