Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 35 dos estatutos da Asociación Gallega de Detectives Privados.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 14 de febreiro de 2000, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Mario-Paul Ziegler de Ayala, avalada co visto e prace do presidente, Víctor Fernández Martínez, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral ordinaria, que tivo lugar o 18 de decembro de 1999, consistente na modificación do domicilio social da asociación, que se fixa na rúa Hórreo, 49-3º dereita de Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2000.

María Fernández Olea

Director xeral Relacións Laborais