En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Enxeñeiros Químicos (Agaeq), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas que posúan a titulación de enxeñeiro químico, expedida por calquera universidade da Unión Europea.
Asinan a acta de constitución: Antonio Cuevas Iglesias e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais