Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Gandeiros de Quireza (Cerdedo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación deste delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Gandeiros de Quireza (Cerdedo), que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: comarcal.

Profesional: gandeiros (vacún ou equino).

Asinan a acta de constitución: Celestino Silva Barros e Alfredo Vázquez González.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 22 de febreiro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra