Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación de montes desta provincia 2/1998 e tres máis.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 14 de decembro de 1999 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do vocal Emilio Sánchez Coto, e coa asistencia dos vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de non clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número 2/1998: montes Figueiro e Valmunín, no lugar de Morcelle, parroquia de Morcelle, concello de Becerreá.

Expediente número 12/1998: monte de Outeiro, na parroquia de Outeiro, concello de Quiroga.

Expediente número 13/1998: monte de Soldón, no lugar de Soldón, parroquia da Seara, concello de Quiroga.

Expediente número 14/1998: monte de Vilarbacú, no lugar de Vilarbacú, parroquia da Seara, concello de Quiroga.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de decembro de 1999.

Emilio Sánchez Coto

Presidente en funcións do Xurado Provincial

de Montes Veciñais en Man Común de Lugo