Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 673/1999 e 48/2000.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; trascorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presentar as alegacións que estimen oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 673/1999.

Acta Inf. nº: 559/1999.

Empresa: Mª Ángeles Fernández Ferreira y Otra.

NIF/DNI: G-15.667.694.

Enderezo: r/ Andrés Gaos, nº 8, 5º I. A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos obrantes no expediente:

-Acta de infracción.-Xustificante da notificación (28-10-1999 no BOP e 11-11-1999 no taboleiro de edictos do Concello de A Coruña).-Audiencia ó interesado.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

Expediente nº: 48/2000.

Acta Inf. nº: 866/1999.

Empresa: Comercial y Montajes Janor, S.L.

NIF/DNI: B-36.249.589.

Enderezo: peirao de reparacións, 6. Marín (Pontevedra).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos obrantes no expediente:

-Acta de infracción.-Xustificante da notificación (29-9-1999 no BOP e 5-10-1999 no taboleiro de edictos do Concello de Marín).-Audiencia ó interesado.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 8 de febreiro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña